Bad Hersfeld

Coordenadas: 50°52′6″N 9°42′27″L / 50.86833, -9.70750

Bad Hersfeld é unha pequena cidade, a capital do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hesse, Alemaña.

Vista panorámica do centro da cidade

Situada á beiras do río Fulda, é famosa polo seu balneario e o seu festival de música clásica, o Bad Hersfelder Festspiele, que se realiza todos os veráns desde 1951, e polo que a cidade é coñecida como a Salzburgo do norte.

Outra festa famosa na cidade é a Lullusfest, que de celebra o 16 de outubro, en memoria da morte de San Lulo de Hersfeld (710-786) , que foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia e o primeiro abade da abadía de Hersfeld, e que é a festividade local máis antiga do mundo xermanófono.

Bad Hersfeld é ademais famosa por posuír as maiores ruínas dunha igrexa de estilo románico de Europa, a igrexa da citada abadía.

XeografíaEditar

 
Ruínas da igrexa románica

Situada a 212 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 73,82 km².

Segundo o censo do 31 de decembro de 2021 contaba con 30 101 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 407 hab./km2.

A cidade atópase na depresión de Hersfeld, que está formada pola confluencia dos ríos Fulda e Haune.

O centro da cidade está na marxe esquerda do Fulda.

Na cidade, o río Geisbach desemboca no Fulda e inmediatamente debaixo da cidade, na marxe dereita, o río Solz.

O punto máis baixo do concello está a 195 m sobre o nivel do mar, na desembocadura do Solz no Fulda, e o punto máis alto está a 408 m sobre o nivel do mar.

As cidades importantes máis próximas a Bad Hersfeld son Kassel, a 52 km ao norte, Gießen, a 79 km ao suroeste.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Hessisches Statistisches Landesamt: Bevölkerung in Hessen am 31.12.2021 nach Gemeinden (Landkreise und kreisfreie Städte sowie Gemeinden, Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011. Bad Hersfeld).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar