Luke Maye

baloncestista estadounidense

Luke David Maye, nado o 7 de marzo de 1997 en Cary, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Covirán Granada da Liga ACB.

Luke Maye
Covirán Granada  – No. 32
Información persoal
Nacemento 7 de marzo de 1997 (27 anos)
Cary, Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Hough (Carolina do Norte)
Universidade North Carolina (2015–2019)
NBA Draft 2019 / Elección: Sen draftear
Carreira 2019−presente
Historial de equipos
Wisconsin Herd (2019–2020)
Aquila Basket Trento (2020–2021)
Bàsquet Manresa (2021–2022)
Granada (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xuño de 2019, Maye asinou cos Milwaukee Bucks para xogar a Liga de Verán da NBA.[1] O 14 de outubro de 2019, Maye foi cortado polos Bucks,[2] pero foi asignado ós Wisconsin Herd, afiliado dos Bucks na NBA G League.[3]

O 18 de xullo de 2020, Maye asinou por unha tempada co Dolomiti Energia Trento da Lega Basket Serie A italiana.[4] Maye acadou 11.6 puntos, 6 rebotes, e 1.3 asistencias por encontro.

O 23 de xullo de 2021, Maye asinou un contrato por dúas tempadas co Bàsquet Manresa da Liga ACB.[5]

O 31 de xullo de 2022, Maye asinou por unha tempada co Fundación CB Granada da Liga ACB.[6]

Notas editar

  1. "NBA Draft: Luke Maye signs with Milwaukee Bucks". SB Nation. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Bucks release Jaylen Adams, former UNC standout Luke Maye". YARDBARKER. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  3. Rushkin, Jerell (7 de novembro de 2019). "New-look Wisconsin Herd opens NBA G League season at home". Oshkosh Northwestern. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  4. "Dolomiti Energia Trento announces Luke Maye". Sportando. 18 de xullo de 2020. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  5. "Luke Maye officially signs with BAXI Manresa". Sportando. 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021. 
  6. "Luke Maye agrees to deal with Coviran Granada". Sportando. 31 de xullo de 2022. Consultado o 14 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar