Luis Santos López

profesor, avogado, xornalista e escritor galego

Luis Santos López, nado en Mansilla de las Mulas (León) o 30 de abril de 1887,[1] foi un profesor, avogado, xornalista e escritor español.

Infotaula de personaLuis Santos López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1887 Editar o valor em Wikidata (136 anos)
Mansilla de las Mulas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi redactor de La Tribuna e Informaciones. En 1918 foi nomeado profesor axudante de Francés do Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. En 1921 foi nomeado profesor de Francés do Instituto e da escola Normal de Ourense, foi despois catedrático de Francés do Instituto de Ourense. En 1929 abriu un bufete de avogado en Ourense. En 1935 permutou a súa praza pola de Luís Cremades, pasando a ser catedrático de Francés do Instituto de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado.[2] Foi suspendido de emprego e soldo en novembro.[3] Foi confirmado no cargo de catedrático do Instituto de Pontevedra en novembro de 1937, con perda dos haberes correspondentes aos seis meses de suspensión de emprego e soldo.[4]

Vida persoal editar

Casou con Julia Santos e foi pai de Enrique, Luisa e Julia Santos Santos.

Notas editar

  1. Escalafón de los catedráticos numerarios de Institutos Nacionales de Segunda Enseñanza
  2. El Pueblo Gallego, 16-8-1936, p. 7.
  3. El Progreso, 10-11-1936, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 10-11-1937, p. 7.