Luis Ricardo Falero
pintor español
Luis Ricardo Falero, nado en Granada o 23 de maio de 1851 e finado no University College Hospital de Inglaterra o 7 de decembro de 1896 foi un pintor do século XIX, que desenvolveu a maior parte da súa carreira en Francia e Inglaterra.
Luis Ricardo Falero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de maio de 1851 |
Lugar de nacemento | Granada |
Falecemento | 7 de decembro de 1896 |
Lugar de falecemento | University College Hospital |
Causa | erro médico |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Formación e carreira Editar
Estudou no Richmond College en Londres e en Francia. De familia acomodada, comezou estudos militares, que non rematou, e tamén de Química e Enxeñaría civil.[1]
Desenvolveu unha pintura baseada en motivos de diversas figuras femeninas, principalmente espidos. A súa pintura é de inspiración fantástica e oriental. Ademais, ilustrou traballos de astronomía de Camille Flammarion.
Finou en Londres aos 45 anos.
Galería de imaxes Editar
-
La Pose obra de Falero.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
Notas Editar
- ↑ "Luis Ricardo Falero - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2022-10-31.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Ricardo Falero |
----
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |