Luis Pereiro Vázquez

político español

Luis Pereiro Vázquez, nado en Monterroso en 1935, é un político galego vinculado ao PPdeG.

Infotaula de personaLuis Pereiro Vázquez
Biografía
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende os 22 anos foi concelleiro en Monterroso, chegando a ser tenente de alcalde. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi designado deputado provincial. En 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e revalidou a alcaldía por maioría absoluta.

En febreiro de 1986 ingresou en Alianza Popular, formación que encabezou en 1987 e coa que revalidou a alcaldía por maioría absoluta. Xa como PPdeG, continuou encabezando a formación conservadora en Monterroso e foi reelixido alcalde por maioría absoluta nos comicios de 1991 e 1995. Nas eleccións de 1999 perdeu a alcaldía logo de que o PSdeG-PSOE lograse a maioría absoluta, polo que pasou a selo portavoz popular na oposición ata o final do mandato, tralo cal se retirou da primeira liña política.


Predecesor:
-
  
Alcalde de Monterroso
 
1979 - 1999
Sucesor:
Antonio Gato Soengas

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar