Luis Álvarez Martínez

político español
(Redirección desde «Luis Manuel Álvarez Martínez»)

Luis Manuel Álvarez Martínez (Luís Álvarez), nado en El Franco en 1963, é un político galego do PSdeG-PSOE e funcionario dos corpos de profesores de educación secundaria e de inspectores de educación.

Infotaula de personaLuis Álvarez Martínez
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
El Franco, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
UNED Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , inspector de educación , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: AlvarezM_Luis Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Papeleta electoral con Luis Álvarez como segundo de lista.

Licenciouse en Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1986. Tamén ten un máster universitario en dirección pública, políticas públicas e tributación pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

É funcionario dos corpos de profesores de educación secundaria e de inspectores de educación.

No ano 1986 inicia a súa actividade docente como profesor de educación secundaria da especialidade de matemáticas, impartindo clases en institutos de educación secundaria de Tineo (Principado de Asturias), Betanzos, Chantada e Ribadeo.

No ano 1997 incorpórase como inspector de educación na delegación provincial da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Foi tamén inspector xefe de educación na mesma provincia.

No ano 2007 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Desempeñou ese cargo ata o ano 2009.

No ano 2011 foi elixido concelleiro no Concello de Lugo, sendo tenente de alcalde de José Clemente López Orozco e voceiro do goberno municipal. Foi concelleiro delegado de urbanismo e medio ambiente.

No ano 2016 incorpórase ao Parlamento de Galicia logo de ser elixido na lista presentada polo PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, sendo vicevoceiro do grupo parlamentario socialista e voceiro de educación e infraestruturas durante a X lexislatura.

No ano 2020 volve a ser elixido como deputado pola provincia de Lugo, sendo vicevoceiro do Grupo Parlamentario Socialista e voceiro de educación e vivenda.

Dende o 15 de xaneiro de 2022 é voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.[1].


Licenciouse en matemáticas; é inspector de ensino e foi delegado de educación na provincia de Lugo durante o goberno bipartito.[2] Foi concelleiro en Lugo entre 2011 e 2015. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 encabezou a candidatura socialista na provincia de Lugo e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, renovando a elección en 2020. Dende o 15 de xaneiro de 2022 é o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG[3].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar