Luis Jacobo Álvarez Rodríguez
Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, máis coñecido como San Luis, nado en Vigo o 18 de febreiro de 1930 e finado ibídem o 15 de xuño de 1997, foi un pintor paisaxista urbano galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1930 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 15 de xullo de 1997 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | María Victoria Ruiz de Ojeda ![]() |
Fillos | tres ![]() |
Traxectoria
editarFoi fillo do farmacéutico Jacobo Álvarez Varela e de Luz Rodríguez Novoa. Tivo de profesor de debuxo a Maximiliano Vidales Espinosa. Estudou a carreira de Filosofía e exerceu a docencia. Dedicouse en exclusiva á pintura desde 1957. Fixo viaxes de estudos a Madrid, París e Roma. Pintou as prazas e rúas de Vigo.[1] Foi retratista e costumista e amante do detalle. Tiña unha pincelada traballada e empregaba cores intensas.[2]
Casou con María Victoria Ruiz de Ojeda e foron pais de tres fillos: José Ignacio, Luis Jacobo e María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.[1]
Recoñecementos
editarUnha rúa da súa cidade leva o nome de Pintor San Luis na súa memoria.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mosquera, Javier (2012). "San Luis, el pintor de las calles y plazas de Vigo". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Giráldez Lomba 2010, p. 17.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 17. VG 955-2010.
Outros artigos
editar- Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (filla)
Ligazóns externas
editar- Museo Virtual del Pintor San Luis páxina mantida polo fillo Luis Jacobo, en Internet Archive (en castelán).
- Lamas, Jorge (29/11/2009). "La obra del pintor San Luis sobrevive en Internet". La Voz de Galicia (en castelán).
- Leiro, Carlos (2/8/2009). "San Luis el pintor de La Movida"