Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda

profesora e investigadora galega

María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018,[1] foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.

Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
Nacemento21 de agosto de 1961
Lugar de nacementoVigo
Falecemento23 de setembro de 2018
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
PaiSan Luis
CónxuxeXesús Alonso Montero
Xénerosensaio
EstudosFiloloxía hispánica
Na rede
Dialnet: 993349
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi a segunda filla de María Victoria Ruiz de Ojeda e Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, pintor, máis coñecido como San Luis. Licenciada en Filoloxía Hispánica en 1984 pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de ensino secundario en varios institutos, no de Mos nos últimos anos,[1] e formou parte do padroado da Fundación Rosalía de Castro[2] e da Fundación Blanco Amor.

Colaborou en publicacións como Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, revista galega de cultura, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Boletín da Real Academia Galega e Festa da Palabra Silenciada.

Publicacións editar

Recoñecemento editar

En decembro de 2018 a revista do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, Madrygal, adicoulle unha separata[7] e en 2019 a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES de Mos fixéronlle unha homenaxe.[8]

A revista Grial fíxoa protagonista do nº 223 (2019): Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda: camiños explorados.

Vida persoal editar

O 16 de xullo de 1997 casou con Xesús Alonso Montero.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Fallece Victoria Álvarez, investigadora y esposa de Alonso Montero". La Voz de Galicia (en castelán). 24/9/2018. 
  2. "Padroado da Fundación Rosalía de Castro". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2018. Consultado o 23/09/2018. 
  3. Rosalía de Castro para nenos en Google Books.
  4. Anuario de Estudos Literarios Galegos Arquivado 24/09/2018, en Wayback Machine. Imaxe da portada.
  5. Rosalía de Castro para niños y jóvenes Imaxe da portada.
  6. Palacio, Antón (Outubro, novembro, decembro 2020). "De Rosalía e a súa lingua". Revista Grial. LVIII (228): 107, 108. ISSN 0017-4181. 
  7. Vol. 21 (2018) publicado o 19/12/2018
  8. "Política Lingüística réndelle homenaxe á investigadora rosaliana María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda". O Portal da Lingua Galega. 2 de abril de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar