Luis González Taboada

médico e político galego

Luis González Taboada, nado en Lalín o 4 de xuño de 1918 e finado na mesma vila o 1 de agosto de 2009, foi un médico e político galego, alcalde de Lalín.

Infotaula de personaLuis González Taboada
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1918 Editar o valor em Wikidata
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 2009 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Lalín
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNicolás González Aller Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela e estudou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Foi médico interno do Hospital Clínico de San Carlos de Madrid. Militante de Falange dende 1935, combateu na guerra. Concelleiro de Lalín polo terzo de cabezas de familia dende 1947, foi nomeado alcalde de Lalín polo Ministro da Gobernación en 1957, tomando posesión o 20 de xullo.[1] Premaneceu no cargo ata as primeiras eleccións democráticas en 1979. Foi tamén deputado provincial na Deputación de Pontevedra. Foi impulsor da Feira do cocido de Lalín. Foi proclamado candidato a procurador en Cortes en setembro de 1971,[2] aínda que uns días despois retirou a súa candidatura.[3] Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como concelleiro na candidatura de Coalición Democrática, que foi derrotada pola lista independente encabezada por Xosé Cuíña. Finou en Lalín o 1 de agosto de 2009.[4]


Predecesor:
Alfonso Garra Goyanes
  
Alcalde de Lalín
 
1957 - 1979
Sucesor:
Xosé Cuíña

Recoñecementos editar

  • Medalla da Vieja Guardia.
  • Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros, 1958.
  • Orden Imperial del Yugo y las Flechas.
  • Encomienda de Número de Mérito Civil.
  • Foi nomeado Fillo predilecto de Lalín. Unha rúa na vila de Lalín leva o seu nome.

Vida persoal editar

Casou con Luisa Aller Pinacho e foi pai de Nicolás González Aller e outros sete fillos.

Notas editar

  1. La Noche, 23-7-1957, p. 7.
  2. El Pueblo Gallego, 15-9-1971, p. 14.
  3. El Pueblo Gallego, 25-9-1971, p. 16.
  4. "Falleció el ex alcalde Luis González Taboada". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar