Abrir o menú principal

Luis Barrena

político español

Luis Barrena Alonso de Ojeda, nado en Sigüenza (Guadalaxara) en 1895 e finado en Outes o 21 de agosto de 1936, foi un avogado e político español.

Luis Barrena
Nacemento1895
 Sigüenza
Falecemento21 de agosto de 1936
 Outes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Avogado de profesión, adquiriu certa celebridade por asumir varios casos de considerable repercusión social nos anos vinte e trinta.

Membro de Unión Republicana, foi elixido deputado en febreiro de 1936 en representación do Fronte Popular por Melilla.

Nos momentos iniciais da Guerra Civil española acudiu a Muros, lugar co que tiña vínculos pola familia da súa muller Carmen Doval. Foi sacado da súa casa por un grupo de falanxistas na noite do 21 de agosto de 1936. A mañá seguinte atoparon o seu cadáver no Freixo de Sabardes (Outes) con dous tiros na cabeza. No lugar onde o atoparon puxeron un monólito na súa memoria.

Vida persoalEditar

Casou en 1922 con Carmen Doval del Campo, filla de Gerardo Doval Rodríguez[1], e tivo seis fillos.

NotasEditar

Véxase taménEditar