Luís Aragunde Aragunde
Luis Aragunde Aragunde, nado en Fefiñáns (Cambados) en 1971, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Fefiñáns, España |
Alcalde de Cambados | |
2009 – 2015 ← José Manuel Cores Tourís – Fátima Abal → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarTraballador da Confraría de Pescadores en excedencia, foi xefe da lonxa durante oito anos. Secretario xeral de Aecipe e dende 2008 vicepresidente do Grupo de Acción Costeira (GAC). É concelleiro en Cambados polo PPdeG dendo 2000, trala dimisión de Santiago Tirado Serén como edil, e foi tenente dende 2003. En marzo de 2009, trala renuncia de José Manuel Cores Tourís, que pasou a ser delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, foi elixido alcalde pola Corporación[1]. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cambados e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, trala unión do resto dos grupos que fixeron alcaldesa á socialista Fátima Abal Roma. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a lista popular, perdendo un concelleiro máis e sen recuperala alcaldía.
Predecesor: José Manuel Cores Tourís |
Alcalde de Cambados 2009 - 2015 |
Sucesor: Fátima Abal Roma |
Notas
editar- ↑ "Tourís deja la Alcaldía de Cambados en un emotivo pleno lleno de aplausos", artigo en Faro de Vigo, 1 de maio de 2009 (en castelán).