Lucio Cornificio (en latín: Lucius Cornificius) foi un político e militar romano, membro da plebea gens Cornificia, que ocupou o consulado no ano 35 a.C.

Infotaula de personaLucio Cornificio
Nome orixinal(la) L. Cornificius L.f. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Mortep. século I a. C. Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
35 a. C. – 35 a. C.
Xunto con: Sexto Pompeu (pt) Traducir
Tribuno da plebe
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisLucius Cornificius the Elder (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

Polo seu praenomen, probablemente era fillo do acusador de Tito Annio Milón.

Carreira política editar

No 43 a.C., Cornificio, como tribuno da plebe exerceu a acusación fronte a Marco Xunio Bruto perante o tribunal que xulgou os asasinos de Xulio César, no marco da aplicación da Lex Pedia.[1] No 38 a.C., Augusto deulle o mando sobre a frota que se enfrontou a Sexto Pompeio, e distinguiuse militarmente nas batallas que tiveron lugar ao redor das costas de Sicilia, chegando a capturar o barco de Demócares, o almirante da frota pompeiana.[2]

No 36 a.C. tivo o mando de parte dun exército que desembarcou en Sicilia e logrou liquidar unha difícil situación ao levar ás súas tropas, compostas por tres lexións, sas e salvas desde Tauromenio até Mylae, onde se atopaba o exército de Marco Vipsanio Agripa.[3] Por todos estes servizos recibiría a honra do consulado no 35 a.C.[3]

En 35 a. C. sucedeu a Tito Estatilio Tauro no goberno da provincia de África, co probable título de procónsul,[4] cargo que exerceu até o 32 a.C., celebrando un triunfo ex Africa o 3 de decembro dese ano.[5][6] Dise de Cornificio que, por salvar a vida dos seus soldados, se consideraba co dereito de viaxar á súa casa en Roma nun elefante cada vez que ceaba fóra.

Como outros xenerais de Augusto, tivo que investir parte do seu patrimonio para embelecer a cidade e construíu o templo de Diana no Aventino.[7][8][9][10][11]

Atribúeselle a obra Rhetorica ad Herennium, pero tamén podería corresponder a Quinto Cornificio o Mozo[12] ou a outra persoa da mesma gens.[13]

Notas editar

  1. Broughton 1952, p. 339
  2. Broughton 1952, p. 393
  3. 3,0 3,1 Broughton 1952, p. 404
  4. Broughton 1952, p. 412 e 416
  5. Broughton 1952, p. 419
  6. Strachan, Christian C. (6 de agosto de 2008 [actualizada o 19 de agosto de 2014]). "CORNIFICIUS". Roman Republican and Imperial Senatorial families (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  7. Plutarco; Vidas Paralelas, Brutus 27
  8. Apiano, De bellis civilibus libro v. 80, 86, 111-115
  9. Dión Casio, Historia Romana, libro XIX. 5-7, 18
  10. Veleio Patérculo, Historia Romana, libro II. 79
  11. Suetonio, De vita Caesarum Augusto 29
  12. Smith 1841, p. 858
  13. Quintiliano, Institutio oratoria libro iii. 1 § 21, libro ix. 3 §§ 89, 98

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Lucio Xelio Publícola e
Marco Coceio Nerva
 
Cónsul da República Romana
xunto con Sexto Pompeio

35 a. C.
Sucesor:
Marco Antonio II e
Lucio Escribonio Libón