Luci Gómez

xogadora galega de fútbol sala

Lucía Gómez González, nada na Coruña o 20 de xaneiro de 1992, é unha xogadora de fútbol sala galega, que xoga de á no Poio Pescamar da Primeira División. Internacional coa selección española dende 2017, conquistou con esta as tres primeiras Eurocopas da historia.

Luci
Información persoal
Nome Lucía Gómez González
Nacemento 20 de xaneiro de 1992
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Á
Información de club
Club actual Poio Pescamar
Número 1
Carreira xuvenil
–2005 Sal Lence
2005–2008 Viaxes Amarelle
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2014 Viaxes Amarelle 52+ (12+)
2014–2016 Lacturale Orvina 59 (26)
2016–2018 Ourense Envialia 57 (20)
2018–2020 Burela 49 (15)
2020– Poio Pescamar 54 (24)
Selección nacional
2017– España 36 (7)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de abril de 2023
Selección: actualizado a 2 de abril de 2023.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como xogadora de fútbol sala na canteira do Sal Lence. Trala fusión deste club co Viaxes Amarelle, militou no novo equipo, co que debutou na Segunda División nacional na tempada 2008/09.[1] Militou na categoría de prata ata 2012, cando o equipo logrou o ascenso á Primeira División, na que xogou durante os seguintes dous anos. Para a tempada 2014/15 fichou polo Lacturale Orvina de Pamplona, co que acabou descendendo na súa segunda tempada.

En 2016 regresou a Galicia para xogar no Ourense Envialia e na súa primeira tempada conquistou a Copa de España, marcando o gol da vitoria na final ante o Navalcarnero (3-2).[2][3]

Entre 2018 e 2020 militou no Burela, co que gañou unha liga, unha Copa da Raíña e unha Supercopa de España.[4] En 2020 fichou polo Poio Pescamar.[5]

Selección española editar

Debutou coa selección española o 10 de outubro de 2017, nun partido amigable contra Portugal.[6] En 2018 xogou a fase de clasificación para a primeira Eurocopa da historia, e en 2019 participou na fase final do propio torneo, que se disputou na vila portuguesa de Gondomar. Alí proclamouse campioa de Europa despois de gañar por 4-0 á selección anfitrioa. Volveu ser convocada para a Eurocopa de 2022, onde o equipo español levantou o seu segundo título despois de derrotar de novo a Portugal na final. Un ano despois celebrouse en Debrecen a terceira edición da Eurocopa, e a selección española confirmou o seu absoluto dominio do fútbol sala europeo, gañando o título na final ante Ucraína.[7]

Estatísticas editar

Club Div. Tempada Liga Copas

nacionais

Torneos

internacionais(2)

Total(3)
Part. Goles     Part. Goles     Part. Goles     Part. Goles    
  Viaxes Amarelle
1.ª
2012-13 26 6 1 0 - - - - - - - - 26 6 1 0
2013-14 26 6 3 0 - - - - - - - - 26 6 3 0
Total club 52 12 4 0 - - - - - - - - 52 12 4 0
  Lacturale Orvina
1.ª
2014-15 30 15 2 0 - - - - - - - - 30 15 2 0
2015-16 29 11 3 0 - - - - - - - - 29 11 3 0
Total club 59 26 5 0 - - - - - - - - 59 26 5 0
  Ourense Envialia
1.ª
2016-17 28 6 3 0 3 1 0 0 - - - - 31 7 3 0
2017-18 29 14 2 0 3 2 0 0 - - - - 32 16 2 0
Total club 57 20 5 0 6 3 0 0 - - - - 63 23 5 0
  Burela
1.ª
2018-19 28 12 3 0 3 1 0 0 - - - - 31 13 3 0
2019-20 21 3 1 0 4 1 0 0 2 1 - - 27 5 1 0
Total club 49 15 4 0 7 2 0 0 2 1 - - 58 18 4 0
  Poio Pescamar FS
1.ª
2020-21 24 8 5 0 5 1 2 0 - - - - 29 9 7 0
2021-22 30 16 4 0 2 0 0 0 - - - - 32 16 4 0
Total club 54 24 9 0 7 1 2 0 - - - - 61 25 11 0
Total carreira 271 97 27 0 20 6 2 0 2 1 - - 293 104 29 0
(1) Inclúe datos da Copa de España / Supercopa de España.
(2) Inclúe datos de Campionato de Europa de Clubs.
(3) Non Inclúe datos de partidos amigables.

Palmarés editar

Viaxes Amarelle
Burela
Selección española

Notas editar

  1. "Lucía Gómez: “El equipo está yendo por el buen camino, estamos entrenando mucho y veo al grupo muy implicado”". Acfsf (en español). 29 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de julio de 2020. 
  2. Fernández, Juan Ramón (14 de xuño de 2017). "'Luci': "Estamos en una nube; ganar el título es un regalo de Dios"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  3. "Lucía Gómez y Martita se asientan en la selección española". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de outubro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  4. "Luci no seguirá en Pescados Rubén Burela" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  5. "Lucía Gómez, primer fichaje del Poio Pescamar". Faro de Vigo (en castelán). 9 de xullo de 2020. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  6. Rodríguez, Luis M. (11 de outubro de 2017). "«Tengo mucho que aprender»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023. 
  7. "Raíñas de Europa". Diario de Pontevedra. 20 de marzo de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023.