Lucho Fernández
Xosé Luís Fernández, chamado Lucho Fernández, nado en Ferrol o 4 de agosto de 1975, é un xogador de baloncesto galego.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1975 (49 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarPola súa altura e movementos, Lucho Fernández ten xogado tanto de ala como de ala-pivote. Criado e formado na canteira ferrolá, debutou no CB Galicia de Ferrol, onde xogou entre 1996 e 1999. Despois pasou a distintos equipos de nivel español, coma CB Los Barrios (99-01) ou brevemente en CB La Palma (01), para rematar despois no Bilbao Basket, onde xogou catro tempadas consecutivas (de 2001 a 2005. Despois regresou á itinerancia, fichando polo Aguas de Calpe (05-06) e logo polo León Caja España (06-07). Xa ao final da súa carreira fichou polo TAU Cerámica, de Liga ACB, co conseguiría o seu maior éxito ao gañar o título da liga española de baloncesto.
Foi internacional coa selección de baloncesto de Galicia nun partido celebrado en 2006 contra o Xapón (onde converteu 8 puntos), e en dous partidos celebrados en 2008, onde conseguiu 35 puntos (17 contra Portugal e 18 contra Euscadi).