Lucha Social

Lucha Social foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1919 e 1921.

Historia e característicasEditar

Periódico de tendencia obreirista, apareceu o 15 de marzo de 1919. Comezou como voceiro da Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago, promovido por José Pasín Romero, Ezequiel Rey Turnes, Manuel Fandiño Ricart e José Silva Martínez, entre outros. Estivo dirixido por Marcelino Puente González (marzo a xullo de 1919), José Silva Martínez (do 26 de xullo de 1919 a agosto de 1920), Ezequiel Rey Turnes (do 20 de agosto de 1920 a abril de 1921), Jesús Posse (do 9 de abril de 1921 ata xullo) e Valentín Canedo (do 8 de xullo de 1921 ata a súa desaparición). Foi suspendido pola folga xeral de abril a xuño de 1919. Posteriormente, logo da desafección dos agrarios, mudou a súa cabeceira e a partir do número 13 converteuse no Órgano de las Sociedades Obreras de Resistencia de Santiago y su contornos. Cesou no segundo trimestre de 1921 trala súa suspensión pola censura gobernativa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar