Lucas Vázquez de Ayllón
Lucas Vázquez de Ayllón nado probablemente en Toledo no 1478 e finado en Virxinia o 18 de outubro de 1526, foi un militar, oidor, adiantado e explorador español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1478 Toledo, España |
Morte | 18 de outubro de 1526 (Gregoriano) (47/48 anos) Virxinia, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | explorador, Conquistadores casteláns |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Ayllón, Lucas Vázquez de) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarViaxou a Santo Domingo en 1502, onde foi nomeado xuíz. En 1520 a Audiencia Real de Santo Domingo enviouno a Cuba para facer desistir a Diego Velázquez de Cuéllar do envío da expedición de Pánfilo de Narváez; os seus intentos foron infructuosos e dirixiuse a Santiago de Cuba para acadar a Narváez. Ao no lograr convencerle, e como tiña barco da súa propiedade, viaxou a México tras el, onde tratou sen éxito de negociar un acordo entre Hernán Cortés e o propio Pánfilo de Narváez.[1]
En 1522 mandou unha expedición ao oeste, comandada por Francisco Gordillo, que desembarcou no cabo Fear, na costa atlántica da actual Carolina do Norte.
En 1523, e coa autorización do emperador Carlos I de España, organizou unha expedición para buscar o Paso del Noroeste cara ás Illas das Especias, explorando a costa oriental dos actuais Estados Unidos (estados de Virxinia e Carolina do Norte).
En 1526, tras recibir do emperador Carlos dereitos sobre as terras descubertas, organizou unha expedición de 600 persoas para colonizar a costa do actual estado de Virxinia, onde fundou San Miguel de Guadalupe, primeira colonia europea en Norteamérica.
A colonia estaba preto da actual baía de Chesapeake, que Vázquez de Ayllón chamou baía Santa María, non lonxe da actual Jamestown. Ayllón traía escravos negros para traballar as terras (esta foi a primeira ocasión na que os africanos chegaron a Norteamérica). Aproveitando as disputas políticas entre os colonizadores, os escravos rebelaronse e fuxiron cara ao interior, onde probablemente mezcláronse cos nativos americanos.
Ao non atopar indios locais cos que realizar troco de alimentos, tras tres meses Vázquez de Ayllón levantou o asentamento e puso rumbo ao sur, cara á illa de A Española. Dos 600 homes só retornaron 150, que dixeron que sufriran carencias, fame, enfermidades e ataques dos indíxenas locais. Estes afirmaron que Vázquez de Ayllón finara en brazos dun freire dominico e fora botado ao mar [2].
Notas
editar- ↑ THOMAS, Hugh (1993). La conquista de México, el encuentro de dos mundos, el choque de dos imperios, caps. 24–25. México, ed. Planeta, ISBN 970-690-163-9
- ↑ "Atlas de los exploradores españoles". 2009. Consultado o 2018-12-01.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Gómez Gómez, José María, «El toledano Lucas Vázquez de Ayllón y la empresa de América», en Alcalibe: revista Centro Asociado a la UNED Ciudad de la Cerámica, Nº. 2, 2002 , páxs. 79–108.