Lucía César Veloso

música, mestra e política galega


Lucía César Veloso, nada en Vilagarcía de Arousa en 1984, é unha cantareira, pandeireteira, mestra de música e política galega do BNG.

Infotaula de personaLucía César Veloso
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , música , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsGustavo César Veloso Editar o valor em Wikidata

Facebook: lucia.cesarveloso Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Da parroquia de Bamio, é irmá do ciclista Gustavo César Veloso. Diplomada en maxisterio musical na Universidade de Santiago de Compostela. É cantareira e pandeireteira [1] e forma parte do grupo de música tradicional Malveiras[2] e dá clase de música en diversas asociacións culturais como O Gato Negro ou a Asociación de Mulleres Rurais de Carril.

Nas eleccións municipais de 2015 integrou a candidatura do BNG ao concello de Vilagarcía no número 3 como independente[3] lista que logrou dous concelleiros mais a renuncia en setembro da cabeza de lista, María Villaronga, fixo que entrase na corporación municipal[4] e asemade entrou a militar no Bloque[5]. En 2018 ao deixar Xosé Leirós a portavocía do grupo municipal Lucía César Veloso converteuse na nova voceira. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidadata á alcaldía de Vilagarcía polo BNG[6] tornando a única elixida da listaxe da súa formación.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar