Luís Mariño

xornalista e editor galego
(Redirección desde «Luís Mariño Pampín»)

Luís Mariño Pampín, nado en Santiago de Compostela o 29 de agosto de 1941 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1999,[1] foi un escritor, xornalista e editor galego.

Infotaula de personaLuís Mariño
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1999 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , editor , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Filosofía e Dereito. Activista cultural na Compostela de maio do 68, colaborou co Cine-Club da Asociación Fotográfica Compostelana (AFC). A comezos dos anos setenta dirixiu en Ourense a libraría do periódico La Región. Dende 1973 foi responsable de comunicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A finais dos anos setenta fundou con Carlos Delgado Edicións do Cerne, que abandonou en 1981 para incorporarse a Edicións Xerais de Galicia como adxunto á dirección, pasando en 1983 a director xeral, cargo no que permaneceu até o seu cesamento en maio de 1988. Creou os premios Xerais e Merlín. Dende 1990 traballou na Televisión de Galicia dirixindo o magacine cultural "Etcétera", no que tamén foi entrevistador e moderador, e entre 1992 e 1995 dirixiu e presentou "Moderato Cantabile". Escribiu artigos sobre arte, edición, literatura e música.

Recoñecementos editar

  • Premio do Patronato Rosalía de Castro ao mellor libro editado en Galicia pola obra completa de Fermín Bouza Brey (1980).
  • Premio Santiago de TVE á mellor labor cultural realizada en Galicia (1986).
  • Premio Atlántida de Barcelona ao mellor programa cultural das televisións de España (1992).
  • Premio Galicia de Comunicación á mellor labor desenvolvida en televisión (1992).

Notas editar

  1. "Pesar en el mundo de la cultura por el fallecimiento del periodista Luis Mariño", La Voz de Galicia, 23-5-1999, p. 40.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar