Luís Cereijo León
mestre e xornalista galego
Luís Cereijo León, nado en Ferrol o 15 de maio de 1880[1] e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1968,[2] foi un mestre e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1880 Ferrol, España |
Morte | 7 de xuño de 1968 (88 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Luís Cereijo Mosquera |
Traxectoria
editarMestre. Dirixiu o semanario El Cruzado de Ferrol (1910-1911). Foi mestre en Boiro e despois en Sada dende 1928. En Sada promoveu en 1933 a edición da revista semanal Galicia co seu fillo Luís Cereijo Mosquera.[3] En 1934 pasou a rexentar a escola número 2 do Hospicio de Ferrol.[4] Colaborou en Diario de Galicia, La Voz de Galicia e La Escuela Parroquial. Finou en Ferrol con 88 anos.
Recoñecementos
editarFoi premiado pola Mutualidad Nacional de Enseñanza Primaria.
Vida persoal
editarCasou con Juana Mosquera Pita, que finou o 16 de febreiro de 1945.[5]
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 86.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-6-1968, p. 20.
- ↑ "Un percorrido pola Historia da prensa en Sada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2017.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1934, p. 13.
- ↑ Escuela Española, 201, 22-3-1945, p. 178.