Louis Riboulet, nado en Saint-Alban-d'Ay o 15 de xaneiro de 1871 e finado en 1944, foi un pedagogo e profesor de filosofía francés.

Infotaula de personaLouis Riboulet
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1871
Francia
Morte1944
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , pedagogo , filósofo Editar o valor em Wikidata
MovementoIrmáns Maristas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Riboulet fixo os seus primeiros estudos na escola dos Irmáns Maristas na súa terra natal. En 1886 ingresa no seminario da mesma congregación relixiosa en Saint-Genis-Laval, e tres anos despois obtivo o título de profesor de primaria a través do exame do estado. En xaneiro de 1890 marchou a América do Norte. Levou a cabo enquisas e observacións en Iberville (Montérégie, Quebec) e nos Estados Unidos. Diplomouse no Scientific Study Institute da Universidade de Nova York. En 1914 regresou a Francia mobilizado por moir da primeira guerra mundial.

Anos máis tarde retomou a profesión docente, exercendo as súas actividades no Colexio de Notre-Dame de Valbenoite, en Saint-Étienne. Riboulet era contrario aos expedientes tradicionais de educación, vixentes á época, que incluían castigos físicos aos alumnos que non tiñan un bo rendemento escolar.

En 1925 publicouse en cinco volumes a Historie de la Pédagogie, obra premiada pola Academia Francesa no ano seguinte. Louis Riboulet aínda atopou tempo para actuar como articulista en diversas e respectado revistas sobre educación, entre elas Bulletin des Études, Revue Catéchistique e Revue Belge de Pédagogie.

Obras editar

  • Conseils sur le Travail Intellectuel: aux Étudiants et aux Jeunes Maîtres (Limiar de F. Lavallée, Lión, Libraría Católica Emmanuel Vitte, 1928, 278 pp.)
  • Historie de la Pédagogie (Limiar de André Baudrillart)
  • L'Eglise et l'Éducation de l'Ère Chrétienne au XIV Siècle
  • La Discipline Préventive et ses Éléments Essentiels
  • Manuel de Psychologie Appliquée à l'Éducation
  • Pédagogie Générale
  • Méthodologie Générale

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • ERTZOGUE, Marina Haizenreder. Silenciar os inocentes: medidas punitivas para a recuperação de menores em estabelecimentos disciplinares mantidos pelo Estado (1945-1964). Centro Universitário de Porto Nacional - UNITINS [https://web.archive.org/web/20100110134007/http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext.
  • RIBOULET, Louis. Trad. Maurice Teisseire e Antônio da Fraga. Rumo à Cultura. Rio de Janeiro: Globo, 1946.
  • RIBOULET, Louis. História da pedagogia. Rio de Janeiro: Francisco Alves, 1951.
  • RIBOULET, Louis. Trad. Mário Bachelet. Disciplina preventiva. 3. ed. São Paulo: FTD, 1963.