Abrir o menú principal

Chiba Lotte Marines

(Redirixido desde "Lotte Orions")

Os Chiba Lotte Marines (千葉ロッテマリーンズ Chiba Rotte Marīnzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Chiba da Rexión de Kanto. Fundado en 1950, antes de xogar en Chiba, o equipo tivo a súa sede no centro de Toquio, en Sendai e en Kawasaki. Membro da Nippon Professional Baseball (NPB), principal competición beisbolística do país nipón, xoga os seus partidos como local no Zozo Marine Stadium.

Chiba Lotte Marines
Fundado en 1950
En Chiba desde 1992
Lotte marines insignia.png
Insignia
Afiliacións
Xapón NPB (1950–presente)
Pacific League (1950–presente)
Uniforme actual
Shouta ohmine.jpg
Cores
  • Negro, branco          
Nome
  • Chiba Lotte Marines (1992–presente)
  • Mainichi Orions (1950–1957)
  • Daimai Orions (1958–1963)
  • Tokyo Orions (1964–1968)
  • Lotte Orions (1969–1991)
Alcumes
  • Kamome (鴎, gaivotas)
Estadio
Títulos
Japan Series (4)1950, 1974, 2005, 2010
Pacific League (5)1950, 1960, 1970, 1974, 2005
Administración
Dono(s)Lotte Holdings
AdestradorTadahito Iguchi

HistoriaEditar

A franquía dos Marines foi fundada en 1950 co nome de Mainichi Orions, sendo un dos membros iniciais da Pacific League. Xa no seu primeiro ano conseguen gañar as Series do Xapón, tras ven er na final aos Shochiku Robins (hoxe Yokohama DeNA BayStars) por 4−2. En 1958 o equipo fusionase cos Daiei Unions e muda o seu nome a Daimai Orions. Nos anos 1960 chegan dúas mudanzas máis de nome: Tokyo Orions (1964) e Lotte Orions (1969). A nivel deportivo, con todo, non consegue volver a ter o éxito da súa temporada inicial, chegan ás Series do Xapón de en 1960 e 1970, mais ambas ante Taiyō Whales (hoxe Yokohama DeNA BayStars) e Yomiuri Giants respectivamente.

Desde a súa fundación até 1972 o equipo xogara sempre no centro de Toquio, mais entre 1973 e 1977 o equipo trasladouse á cidade de Sendai, ao norte do país. Coa mudanza regresa o éxito á franquía, xa que conseguen o seu segundo título das Series do Xapón ao vencer aos Chunichi Dragons (4−2). Convertéronse ademais no primeiro equipo da Liga do Pacífico en gañar as series en dez anos debido ao dominio dos Yomiuri Giants de Sadaharu Oh e Shigeo Nagashima. En 1978 o equipo regresa á área de Toquio, a Kawasaki, onde permanecen até que en 1992 se trasladan a Chiba. Alí adoptan o seu actual nome de Chiba Lotte Marines.

Xa no seu novo destino, o equipo non consegue disputar unhas Seriess do Xapón até 2005. Esa temporada o equipo comezou encabezando a liga, mais co paso dos xogos perdeu o lugar ante os Fukuoka SoftBank Hawks. Con todo, pudieron disputar os playoffs, onde derrotaron aos propios Hawks para clasificarse á final. Estas Series supoñían a súa primeira participación na final en trinta e un anos (desde 1974). Tendo como rival aos Hanshin Tigers, os Marines impuxéronse en tan só catro encontros, anotando máis de dez carreiras en cada un dos tres primeiros. En novembro desde mesmo ano, o equipo consegue gañar a primeira edición das Series de Asia, onde venceron aos Samsung Lions surcoreanos. En 2010 o equipo consegue de novo ser campión do Xapón após vencer aos Chunichi Dragons na final por 4−2.

NomesEditar

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[1]

  • Mainichi Orions (1950–1957)
  • Daimai Orions (1958–1963)
  • Tokyo Orions (1964–1968)
  • Lotte Orions (1969–1991)
  • Chiba Lotte Marines (1992–presente)

EstadioEditar

Artigo principal: Zozo Marine Stadium.

Actualmente, os Chiba Lotte Marines xogan os seus encontros como local no Zozo Marine Stadium, recinto con capacidade para 30.348 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:

Estadio Localización Prefectura Capacidade Período
Kōrakuen Kyūjō Bunkyō   Toquio 42.337 1950 1962
Tokyo Stadium Arakawa   Toquio 35.000 1962 1972
Estadio de Miyagi Sendai   Miyagi 30.508 1973 1977
Kawasaki Kyūjō Kawasaki   Kanagawa 30.000 1978 1991
Chiba Marine Stadium Chiba   Chiba 30.348 1992

XogadoresEditar

Dorsais honradosEditar

 
Yasuhiko Yabuta.

Os Yokohama DeNA BayStars non teñen retirado ningún dorsal, máis honran o 26 como homenaxe aos seus seareiros. O último xogador en levar este número foi Yasushi Sakai (2003−2004). Durante os partidos cólgase no banco dos Marines un uniforme sen nome co número 26, o cal é levado polo mellor xogador do partido (ou a mascota) nas entrevistas finais ao mellor xogador. Ademais o club de fans oficial do equipo chámase TEAM26 (Equipo 26).

Xogador
26 Seareiros dos Marines

Xogadores MLBEditar

País Xogador Posición Período
  Hideki Irabu Pitcher 1988–1996
  Satoru Komiyama Pitcher 1990–1999, 2004–2009
  Masahide Kobayashi Pitcher 1997–2007
  Tsuyoshi Nishioka Shortstop 2003–2010
  Yasuhiko Yabuta Pitcher 1996–2007, 2010–2013

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar