Lorca Fútbol Club

(Redirección desde «Lorca FC»)

O Lorca Fútbol Club foi un club de fútbol español da cidade de Lorca (Rexión de Murcia). Fundado en 2003, desapareceu en 2022 tras refirarse da competición.

Lorca FC
NomeLorca Fútbol Club
Fundación2003 (22 anos)
EstadioEstadio Francisco Artés Carrasco,
Lorca, España
Inauguración2003
Capacidade8.120
Na rede
http://www.lorcafc.com/
Titular
Alternativo

Historia

editar

O club fundouse no verán de 2003 na pedanía de La Hoya (Lorca), da man de Pedro Rosell co nome de La Hoya Deportiva. Comezou a súa traxectoria na Primeira Territorial, onde xogou catro tempadas ata que en 2007 acabou en terceira posición e consegue o ascenso a Territorial Preferente. Despois de tres anos nesta categoría, na tempada 2009-10 proclamouse campión e ascende a Terceira División.

En 2010 mudou o nome polo de La Hoya Lorca Club de Fútbol e xa superaba tanto en número de abonados coma en asistencia ao estadio o primeiro equipo da cidade, o Lorca Atlético, que xogaba en Segunda División B. Na tempada do seu debut na categoría, o equipo acabou sétimo. Na seguinte, por mor de obras de reforma no campo de Los Tollos, o equipo trasládase de xeito temporal ao Estadio Francisco Artés Carrasco. Naquela tempada o equipo acabou en cuarta posición e xogou a promoción de ascenso a Segunda B, onde superou na primeira eliminatoria o Díter Zafra pero caeu na segunda contra o Catarroja CF. A terceira tempada en Terceira comezou co traslado definitivo ao Estadio Francisco Artés Carrasco, pola probable desaparición do Lorca Atlético. Aquela tempada o equipo proclamouse campión do seu grupo e conseguiu o ascenso de categoría logo de superar ao Penya Esportiva.

Na tempada 2013-14, no seu debut en Segunda B, o equipo acabou en segunda posición e xogou o play-off de ascenso a Segunda División. Na primeira eliminatoria superou o Las Palmas Atlético pero caeu na segunda contra o CE L'Hospitalet. A seguinte tempada foi máis complicada para o equipo, que certificou a salvación na penúltima xornada e acabou no posto 13. Na tempada 2015-16, o empresario chinés e exfutbolista Xu Genbao mercou o equipo co obxectivo de ascender á división de prata do fútbol español. Naquela tempada o Lorca FC acabou na sexta posición.

Na tempada 2016-17 Xu Gembao adquiriu o 100% das accións do club e transformouse en sociedade anónima deportiva co nome de Lorca Fútbol Club S.A.D.. Malia o mal comezo de tempada, o equipo proclamouse campión do grupo 4 na penúltima xornada. O seu rival na eliminatoria de ascenso de campións foi o Albacete Balompié. O resultado no partido de ida no estadio Carlos Belmonte foi de empate a 1, mentres que na volta serviulle o empate a 0 para subir por primeira vez na súa historia á Segunda División.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón azul, medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branco, pantalón branco, medias brancas.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en 2ª B: 5 (incluída a 2018-19)
  • Tempadas en : 3

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Posto
2003/04 1ª Territorial 13º
2004/05 1ª Territorial
2005/06 1ª Territorial
2006/07 1ª Territorial
2007/08 Terr. Preferente 10º
2008/09 Terr. Preferente 15º
2009/10 Terr. Preferente
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14 2ªB
2014/15 2ªB 13º
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar