Lorca Atlético Club de Fútbol

O Lorca Atlético Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Lorca, na Rexión de Murcia. Foi fundado en 2010 e actualmente xoga na Terceira División Española.

Lorca Atlético
NomeLorca Atlético Club de Fútbol
Fundación13 de xullo de 2010
EstadioFrancisco Artés Carrasco,
Lorca, Murcia España
Inauguración6 de marzo de 2003
Capacidade8.500 espectadores
PresidenteEspaña Cristóbal Sánchez
AdestradorEspaña Benigno Sánchez
LigaTerceira División Española
2011-1216º (Segunda División B)
Na rede
http://www.lorcaatletico.es.tl/
Titular
Alternativo

Historia editar

No verán de 2010, ante a grave situación económica do Lorca Deportiva, o empresario Cristóbal Sánchez Arcas funda o Lorca Atlético Club de Fútbol. O desexo de Cristóbal Sánchez, a pesar de que parte da afección de Lorca prefire comezar cun proxecto máis humilde desde a categoría máis baixa, é que o novo club comece en Segunda División B. Para iso establece conversacións con varios clubs murcianos na categoría con graves problemas para continuar na categoría. Tras non frutificar as negociacións co Caravaca nin co Jumilla consegue chegar a un acordo para comprar a praza do Sangonera Atlético.[1]

O 19 de xullo chega a confirmación desde a RFEF de que o novo equipo poderá competir na categoría. O mesmo día anúnciase tamén a Benigno Sánchez Yepes, adestrador lorquino, como primeiro adestrador do club. O luns 26 de xullo preséntase o novo club en sociedade, o equipo terá un orzamento de 750.000 e anúncianse os primeiros xogadores. Ao día seguinte comezan os adestramentos no Artés Carrasco.

O primeiro partido, amigable, dispútase o 12 de agosto en Pulpí contra o Atlético Pulpileño. O centrocampista Roberto Casabella anota o primeiro gol da historia do equipo lorquino. O 15 de agosto gaña o tradicional Trofeo Praia e Sol ao Águilas FC por 1-2. O día 28 de agosto debuta en partido oficial ante o Betis B cunha vitoria pola mínima con gol de Jaime.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalón azul, medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello, medias vermellas.

Estadio editar

 
Fondo norte do estadio

O Lorca Atlético xoga no Estadio Francisco Artés Carrasco, con capacidade para 8.500 persoas.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 1

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
2010/11 2ªB 15º
2011/12 2ªB 16º  
2012/13

Xogadores editar

Cadro 2010/11 editar

Actualizado a 1 de setembro de 2010.

Posto País Xogador
1 POR   Goyo
2 DEF   Adrián Hernández
3 DEF   Germán Córdoba
4 DEF   Mikel Méndez
5 DEF   José Carlos Olivares
6 MED   Roberto Casabella
7 MED   Rubén Quintero
8 MED   Aday Santana
9 DIA   Antonio Martínez
10 DIA   Jaime Martínez
11 MED   Sebas Esparza
Posto País Xogador
13 POR   Juanma Torrente
14 MED   Yosimar
15 DEF   Toño Vázquez
16 MED   Josemi Monje
17 MED   Aarón Dian
18 DIA   José Manuel Meca
19 MED   Sele
20 MED   Paco Lorca
21 DEF   Ramón Verdú
22 MED   Samy Derras
23 MED   Álex Alves

Palmarés editar

Torneos amigables editar

Notas editar

  1. Pedro Ré, La Verdad (2010). "Lorca e Sangonera Atlético fusiónanse.". Consultado o 10 de xullo. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar