Lopo Liãns (ou Lopo Lias) foi un trobador galego do século XIII. Estivo activo na primeira metade do século XIII.[1]

Infotaula de personaLopo Liãns
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os estudosos Álvarez Blázquez e Lapa concluíron que o seu apelido deriva de Eliae, mediante algúns documentos situaron a súa zona de influencia entre Lugo, Monforte de Lemos e a comarca do Morrazo. Lapa tamén sitúa ao castelo de Orzelhon, mencionado en tres das súas composicións, na provincia de Ourense. Outros investigadores sospeitan que foi un importante trobador cortesán, probablemente ao servizo dunha infanta.[2]

Obra editar

Consérvanse 19 composicións súas, todas cantigas de escarnio e maldicir. Críase que eran 20 composicións, tal e como sostiña o estudoso Silvio Pellegrini, pero as que levan a numeración 959 e 960 no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana son unha mesma composición dividida en dúas partes.[3]

Notas editar

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-08-21. 
  2. Beltran, Vicenç (2009). "Lopo Liáns, "em cas da ifante"". Servicio de Publicaciones: 633–640. ISBN 978-84-7723-879-9. Consultado o 2021-01-08. 
  3. CALERO, R. CARBALLO (1970). "IL CANZONIERE DI DON LOPO LIÁNS" 8 (27): 75–78. ISSN 0017-4181. Consultado o 2021-01-08. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar