Longinos Rodríguez de la Iglesia

mestre español

Longinos Rodríguez de la Iglesia, nado en Muñogrande (Ávila) o 16 de agosto de 1897 e finado en 1936, foi un mestre español.

Infotaula de personaLonginos Rodríguez de la Iglesia
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1897 Editar o valor em Wikidata
Muñogrande, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1936 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre da Allonca (A Fonsagrada) dende 1916,[1] e vogal da asociación de mestres do partido da Fonsagrada.[2] Durante a República foi mestre no Regueiro (Boborás). Era socio da Casa del Maestro.[3] Participou no mitin organizado por Izquierda Republicana no Regueiro nas eleccións de febreiro de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado. En 1937 iniciouse o seu proceso de depuración do maxisterio, decretándose a súa separación definitiva e baixa na escala en 1940.[5]

Notas editar

  1. El Noticiero Gallego, 4-10-1916, p. 2.
  2. La Voz de la Verdad, 20-7-1917, p. 2.
  3. El Noticiero Gallego, 11-5-1936, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 5-2-1936, p. 4.
  5. La Región, 8-5-1940, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar