Longa Marcha 3
Foguete espacial chino.
Longa Marcha 3 (Chang Zheng 3 en pinyin, abreviadamente CZ-3) é o nome dun modelo retirado da familia de foguetes Longa Marcha que dá nome a toda unha subfamilia de foguetes.
Longa Marcha 3 / Chang Zheng-3 (CZ-3) | |
---|---|
Función | Lanzador espacial de capacidade media |
fabricante | CALT |
país de orixe | República Popular da China |
Tamaño | |
altura | 43,25 m |
diámetro | 3,35 m |
masa | 204.000 kg |
Etapas | 3 |
Carga LEO | |
masa | 4800 kg |
Carga GTO | |
masa | 1400 kg |
foguetes derivados | |
Familia | Longa Marcha |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado en 2000 |
Sitios | Centro de lanzamento de Xichang |
Total de lanzamentos | 13 |
exitosos | 10 |
Fallos parciais | 3 |
Voo inaugural | 29 de xaneiro de 1984 |
Último voo | 25 de xuño de 2000 |
Primeira etapa – L140 | |
altura | 20,22 m |
diámetro | 3,35 m |
masa baleiro | 9000 kg |
masa cheo | 151.000 kg |
impulsado por | 4 YF-20A |
potencia máxima | 3000 kN |
Impulso específico | 289 s (259 s a nivel do mar) |
propelente | Tetróxido de nitróxeno/UDMH |
Segunda etapa – L-35 | |
altura | 9,71 m |
diámetro | 3,35 m |
masa baleiro | 4000 kg |
masa cheo | 39.000 kg |
impulsado por | 1 YF-22A/23A |
potencia máxima | 761,9 kN |
Impulso específico | 295 s (270 s a nivel do mar) |
propelente | Tetróxido de nitróxeno/UDMH |
Terceira etapa – H-8 | |
altura | 7,48 m |
diámetro | 2,25 m |
masa baleiro | 2000 kg |
masa cheo | 10.500 kg |
impulsado por | 1 YF-73 |
potencia máxima | 44,1 kN |
Impulso específico | 425 s |
propelente | LOX/LH2 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarO Longa Marcha 3 era un lanzador orbital chinés de tres etapas deseñado para poñer satélites de ata 4800 kg en órbita baixa terrestre e de ata 1400 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. A primeira e segunda etapas estaban baseadas no foguete Longa Marcha 2C, alimentado por tetróxido de nitróxeno e UDMH, reusando a maior parte da súa tecnoloxía. A terceira etapa usaba un motor crioxénico alimentado por oxíxeno líquido e hidróxeno líquido que supuxo un grande adianto técnico para a China en canto a motores foguete.
Historial de lanzamentos
editarVoo | Data | Rampla de lanzamento | Carga | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 29 de xaneiro de 1984 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2 1 | Éxito parcial. | Primeiro voo. A terceira etapa crioxénica non se encendeu, deixando o satélite experimental en órbita baixa, aínda que chegou a cumprir os seus obxectivos. |
2 | 8 de abril de 1984 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2 2 | Éxito | |
3 | 1 de febreiro de 1986 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2A 1 | Éxito | |
4 | 7 de marzo de 1988 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2A 2 | Éxito | |
5 | 22 de decembro de 1988 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2A 3 | Éxito | |
6 | 4 de febreiro de 1990 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2 4 | Éxito | |
7 | 7 de abril de 1990 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | AsiaSat 1 | Éxito | |
8 | 28 de decembro de 1991 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | DFH-2A 5 | Éxito parcial | A terceira etapa crioxénica non se encendeu, deixando o satélite de comunicacións en órbita baixa e non utilizable. |
9 | 21 de xullo de 1994 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | APStar 1 | Éxito | |
10 | 3 de xullo de 1996 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | APStar 1A | Éxito | |
11 | 18 de agosto de 1996 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | ZX 7 | Éxito parcial | |
12 | 10 de xuño de 1997 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | FY 2A | Éxito | |
13 | 25 de xuño de 2000 | Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 | FY 2B | Éxito | Último voo dun Longa Marcha 3. |
Notas
editar- Mark Wade (2011). "Chang Zheng 3" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2012.
- Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CZ-3 (Chang Zheng-3)" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2012.