Fengyun

(Redirección desde «FY 2A»)

Fengyun (nube de vento), abreviadamente FY, é o nome dunha serie de satélites meteorolóxicos chineses. Existen dúas familias de satélites FY: a familia FY-1 e FY-3, satélites en órbita polar; e a formada polas series FY-2 e FY-4, situados en órbita xeoestacionaria.[1][2][3][4][5][6][7][8][9]

Modelo dun FY-2.

Os FY-1 eran satélites meteorolóxicos en órbita polar, a uns 900 km de altura e cunha inclinación orbital duns 99º. Lanzáronse catro (FY-1A, FY-1B, FY-1C e FY-1D) entre 1988 e 2002, os dous primeiros (experimentais) mediante foguetes CZ-4 e os dous últimos mediante CZ-4B. O instrumento principal era un radiómetro que observaba en cinco bandas entre as lonxitudes de onda visibles e infravermellas próximas. Os satélites estabilizábanse nos tres eixos e transmitían os seus datos en banda X. As características dos satélites FY-1 variaban lixeiramente entre eles. Tiñan forma de caixa con masas entre 750 e 880 kg. Alimentábanse mediante paneis solares que proporcionaban ata 800 W de potencia que eran almacenados en baterías de níquel-cadmio. O control de actitude era exercido mediante unha combinación de propulsores de nitróxeno e volantes de inercia. O FY-1C foi destruído o 11 de xaneiro de 2007 durante a proba dun mísil antisatélite por parte da China, xerando unha nube de restos que segue en órbita.[1][5]

Os FY-2 eran satélites meteorolóxicos en órbita xeostacionaria, a uns 35.700 km de altura. Lanzáronse oito entre entre 1997 e 2018, os dous primeiros mediante foguetes CZ-3 e os restantes mediante CZ-3A. Un primeiro satélite foi perdido durante a explosión do foguete lanzador en 1994 durante probas previas ao lanzamento. Os FY-2 estabilizábanse mediante xiro a unhas 100 r.p.m. e tiñan unha masa duns 600 kg. Tiñan forma cilíndrica, cuns 2,1 m de diámetro e unha altura total de 4,5 m. O instrumento principal era un radiómetro de exploración con sensores para o visible e o infravermello, cunha resolución de 1,25 km e 5,0 km, respectivamente. Os satélites transmitían os seus datos en banda S e en UHF.[2][6]

Os FY-3 son os sucesores dos FY-1. Van equipados con sensores multiespectrais, tridimensionais e útiles en calquera clase de tempo meteorolóxico. Acadan unha resolución de 250 m e teñen unha masa de 2200 kg. Lanzáronse catro, todos mediante foguetes CZ-4C, entre 2008 e 2017.[3][7][9]

Os FY-4 son os sucesores dos FY-2. A diferenza destes, estabilízanse nos tres eixos e están baseados no bus SAST-5000. Lanzáronse dous satélite deste modelo, en 2016 e 2021, mediante foguetes CZ-3B.[4][8]

Misións FY

editar
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9]
FY-1A 6 de setembro de 1988 CZ-4
FY-1B 3 de setembro de 1990 CZ-4
FY-2A 10 de xuño de 1997 CZ-3
FY-1C 10 de maio de 1999 CZ-4B
FY-2B 25 de xuño de 2000 CZ-3
FY-1D 15 de maio de 2002 CZ-4B
FY-2C 19 de outubro de 2004 CZ-3A
FY-2D 8 de decembro de 2006 CZ-3A
FY-3A 27 de maio de 2008 CZ-4C
FY-2E 23 de decembro de 2008 CZ-3A
FY-3B 4 de novembro de 2010 CZ-4C
FY-2F 13 de xaneiro de 2012 CZ-3A
FY-3C 23 de setembro de 2013 CZ-4C
FY-2G 31 de decembro de 2014 CZ-3A
FY-4A 10 de decembro de 2016 CZ-3B
FY-3D 14 de novembro de 2017 CZ-4C
FY-2H 5 de xuño de 2018 CZ-3A
FY-4B 2 de xuño de 2021 CZ-3B
FY-3G 16 de abril de 2023 CZ-4B
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "FY-1" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "FY-2" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Mark Wade (2020). "FY-3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Mark Wade (2020). "FY-4" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FY 1A, 1B, 1C, 1D" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FY 2A, 2B, 2C, 2D, 2E, 2F, 2G, 2H" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FY 3A, 3B, 3C, 3D, 3E, 3F, 3H, 3J" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FY 4A, 4B, 4C, 4D, 4E, 4F" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "FY 3G, 3I" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar