Herba de Vigo

Especie de gramínea forraxeira
(Redirección desde «Lolium multiflorum»)
Herba de Vigo

Debuxos de Lolium perenne, esq.; L. multiflorum, der.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Cyperaceae
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Subtribo: Loliinae
Xénero: Lolium
Especie: L. multiflorum
Nome binomial
'Lolium multiflorum'
Lam.

A herba de Vigo[1] Lolium multiflorum é unha especie pertenciente á familia das gramíneas. É unha planta forraxeira que se cultiva en moitos países para a usar coma alimento para o gando vacún.

Ilustración
Herba de Vigo
Vista da planta
Cultivo
Detalle da espiga

Descrición

editar

A herba de Vigo é unha planta parecida ao ballico (Lolium perenne), con follas máis longas e largas, de cor verde clara, case amarelenta, cos nervios da folla máis marcados e o envés moi brillante. A vaíña abraza o talo e ten dúas aurículas longas e unha lígula claramente visíbel. As follas aparecen enroladas no interior da vaíña. Os talos teñen sección circular e a base é de cor avermellada.

A inflorescencia está formada por espículas sésiles, dispostas alternativamente ao longo do raque floral. As sementes diferéncianse das do ballico, ademais de ser meirandes, por teren unha aresta. A semente comercial pode carecer dela, xa que nas operacións de recolección e limpeza se creba, e é eliminada coas impurezas.

Lolium multiflorum é unha planta bienal, mais pode ser anual e tamén trianual, como Lolium multiflorum var. italicum. Existe unha forma anual denominada westerwold (L. multiflorum var. westerwoldicum'), seleccionada nos Países Baixos, que ao non necesitar un período de vernalización é estritamente anual e florea no ano do seu establecemento.

É a gramínea por excelencia para as pradeiras de curta duración, soa ou asociada co trevo rubio (Trifolium pratense), obténdose producións axiña a partir do seu establecemento. Utílizase en todo o mundo tanto para pradeira de sega coma de pasto. Tamén se ten estendido a súa utilización como cultivo forraxeiro de inverno en regadíos e en ocasións de secaño.

Existen variedades comerciais tetraploides que evidencian o interese existente por mellorar esta planta, estas posúen certas cualidades como o tamaño das sementes (case o dobre), maior contido de glícidos solúbeis, maior resistencia ás ferruxes, entre outros caracteres.

Caracteres agronómicos

editar

Implantación e fertilización

editar

É unha planta de doado establecemento. Sementada nunha estación favorábel (outono-primavera) supera a calquera outra gramínea en velocidade de establecimiento, podendo, se non hai outros factores limitantes, dar un aproveitamento ás seis semanas de ter sido sementada. Esta vantaxe pode ser un inconveniente para o seu emprego en sementeira con outras gramíneas, coas que compite e ás que elimina nos máis dos casos. Por iso és desaconsellábel incorporala a mesturas de pradeiras de longa duración, pois logo de dous anos desaparecerá na súa maioría, deixando un espazo baleiro que ocuparán más herbas, resultando a produción futura da pradeira máis cativas.

A sementeira pode realizarse polo outono, para poder obter unha boa produción invernal, dun forraxe apetitoso, nutritivo e de gran valor estratéxico na explotación. Comparado co ballico ou raigrás, a súa produción é maior no outono do establecemento e sempre no inverno e na primavera. As sementeiras de primavera teñen o inconveniente de que o período de crecemento vai ser curto, polo feito de que no verán o seu crecemento vai ser máis cativo por mor das temperaturas elevadas e maila seca. En ambos os casos cómpre agardar dous anos bos, a partir dos cales a produción ha declinar.

As doses de sementeira son de 20 a 30 Kg/ha segundo sexan as variedades diploides ou tetraploides, e de 30 a 40 Kg/ha nas variedades westerwold.

A raizame da herba de Vigo (L. multiflorum) é moi superficial, o cal a fai sensíbel ás secas. Cómpre de solos fértiles onde poder amosar todo o seu potencial de produción. O nitróxeno é un elemento particularmente importante para a consecución destas elevadas producións e, tendo en conta que na estación fría a nitrificación do nitróxeno orgánico vai moi amodo, cómpre aportarmos nitróxeno mineral de abondo.

Mesturas

editar

A herba de Vigo emprégase en pradarías de curta duración de pastoreo e seitura, para consumo en verde, ensilado ou fenificación. Utilizado coma cultura forraxeira anual seméntase so, sen mestura ningunha de leguminosa nin doutra gramínea. En certos países é frecuente a sementeira de dúas variedades combinando plantas de distintas características de crecemento, non así na Península Ibérica, onde é máis común empregar unha soa variedade.

A herba de Vigo da variedade westerworld emprégase sempre coma única planta para cultivos forraxeiros cunha duración máxima de 10-12 meses. As variedades normais deben substituír as do tipo westerwold sempre que se arele unha pradeira de máis de 12 meses de duración.

Como pradeira de curta duración (dous ou tres anos) seméntase trevo rubio cando a pradeira vaise aproveitar mediante seitura. Se a pradeira vai ser de maior duración inclúense na mestura de dáctilo e en ocasións de festuca. Para pradeiras mixtas de seitura e pastoreo a combinación do raigrás híbrido e/ou de certas variedades de ballico mellora a produción polo outono, mantendo un bo crecemento durante a época de pastoreo ao comezo e final de estación, sen perder produción no corte que, para feo ou silo, se poida facer ao final da primavera.

Sistemas de aproveitamento

editar

A herba de Vigo está ben adaptada a un aproveitmento por seitura, mais pode ser utilizada mediente pastoreo, con tal de ter en conta as limitacións impostas pola súa forma de crecemento. Non atura pastoreos longos sen sufrir unha redución importante da súa produción. Nun sistema de pastoreo rotativo pódense acadar bos rendementos, semellantes aos obtidos nun sistema de seitura.

O sistema de explotación dunha pradeira cuxo único compoñente sexa a herba de Vigo será diferente segundo a estación;

  • Polo outono e inverno cabe un aproveitamento mediante pastoreo tendo en conta a necesidade de realizar o aproveitamento en quendas de abondo mais non excesivamente espazadas, que permita a recuperación da planta sen chegar a se produciren perdas de material vexetal por acumulación dun exceso de plantas e descomposición das mesmas. Nesta época o regromo é feble, o afillado non moi intenso e a meirande parte do forraxe é folla cunha moi baixa proporción de talos.
  • Pola primavera pódense distinguir dúas épocas que diferencian o posíbel aproveitamento da planta e que corresponden a antes e após o alongamento do talo. Na época primeiriza poderanse dar dous ou tres pases de pastoreo sen que a produción posterior se vexa afectada. Cómpre termos coidado de que non se produza encanada xa que isto pode ter consecuencias moi contraproducentes como desperdicio de parte da produción por rexeitamento do animal ou anulando a posibilidade de corte ou pastoreo debido a que se se elimina o ápice de crecemiento activo do talo, destrúese a posibilidade de regromo.
  • Polo verán, como a planta ten tendencia a grelar e o afillado é escaso, se se dan boas condicións de humidade para o seu desenvolvemento e a produción é suficiente, se pode segar para conservación aproveitando que a estación é axeitada para fenificación.

Variedades

editar

Entre as variedades de herba de Vigo distínguense dous grupos, que corresponden aos tipos westerwold anual e normal bienal. A conclusión dos traballos de Roselló (1976) e Infante (1976) é que non existen diferenzas significativas de produción total entre as variedades westerwold (tetraploides e diploides). Á súa vez, entre os tipos italianos normal e westerwold tampouco existían diferenzas a nivel de produción total.

Hai outros aspectos interesantes das plantas que son obxecto dos traballos de mellora: talle, calidade, adaptación á seitura ou pastoreo, persistencia, resistencia a pragas ou doenzas.

Taxonomía

editar

Lolium multiflorum foi descrita por Jean-Baptiste Lamarck e publicado en Flore Françoise 3: 621. 1778[1779].[2][3][4]

Etimoloxía

Lolium : nome xenérico dado por Virxilio a unha maleza problemática.[5]

multiflorum: epíteto latino que significa "con múltiples flores".[6]

Sinonimia
  • Lolium aristatum Lag.
  • Lolium italicum A.Braun
  • Lolium scabrum J.Presl
  • Lolium temulentum var. multiflorum (Lam.) Kuntze[2]
  • Lolium boucheanum Kunth
  • Lolium compositum Thuill.
  • Lolium elongatum Rouville
  • Lolium gaudinii Parl.
  • Lolium lesdainii Sennen
  • Lolium osiridis Fig. & Delile ex Rouville
  • Lolium siculum Parl.
  • Lolium temulentum Bertero ex Steud.
  • Lolium temulentum var. ramosum Guss.
  • Lolium westerwoldicum Breakw.[7][8]
  1. Nome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. 2,0 2,1 "Herba de Vigo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  3. "Herba de Vigo en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 30 de abril de 2014. 
  4. "Herba de Vigo en". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2019. Consultado o 17-01-2014. 
  5. (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2007. Consultado o 26-02-2010. 
  6. En Epítetos Botánicos
  7. Herba de Vigo en PlantList
  8. "Herba de Vigo en". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 17-01-2014. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • «Praderas y forrajes (Producción y aprovechamiento)» E. Muslera Pardo e C.Ratera García
  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • Baeza, C. M., T. F. Stuessy & C. Marticorena. 2002. Notes on the Poaceae of the Robinson Crusoe (Juan Fernández) Islands, Chile. Brittonia 54(3): 154–163.
  • Beetle, A.A. 1977. Noteworthy grasses from Mexico V. Phytologia 37(4): 317–407. View in Biodiversity Heritage Library
  • Bor, N. L. 1960. Grass. Burma, Ceylon, India & Pakistan i–xviii, 1–767. Pergamon Press, Oxford.
  • Brako, L. & J. L. Zarucchi. (eds.) 1993. Catalogue of the Flowering Plants and Gymnosperms of Peru. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 45: i–xl, 1–1286.
  • Breedlove, D.E. 1986. Flora de Chiapas. Listados Floríst. México 4: i–v, 1–246.
  • Burkart, A. E. 1969. Gramíneas. 2: 1–551. In A. E. Burkart (ed.) Fl. Il. Entre Ríos. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Buenos Aires.
  • Cabi, E. & M. Doğan. 2012. Poaceae. 690–756. In A. Güner, S. Aslan, T. Ekim, M. Vural & M. T. Babaç (eds.) Türkiye Bitkileri Listesi. Nezahat Gökyiğit Botanik Bahçesi ve Flora Araştırmaları Derneği Yayını, Istanbul.
  • Cabrera, A. L. 1970. Gramíneas. 4(2): 1–624. In A. L. Cabrera (ed.) Fl. Prov. Buenos Aires. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Buenos Aires.

Outros artigos

editar