Festuca

Xénero botánico de gramíneas
xénero Festuca

Ilustración de Festuca ovina
Clasificación científica
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Poeae
Xénero: Festuca
L., Sp.Pl., vol. 1, 1753
Especies
Lista de especies de ''Festuca''
Sinonimia

Festuca, as festucas[2], é un xénero de gramíneas (ou poáceas)[1] distribuídas nas rexións temperadas e en montañas de rexións tropicais. Comprende unhas 200 especies, moitas das cales considéranse excelentes forraxeiras e se cultivan para tal fin.

Festuca pratensis.

Descrición editar

O xénero Festuca inclúe a herbas perennes, con follas planas, convolutas ou conduplicadas e espículas dispostas en espigas.

As espículas son pauci- ou plurifloras, comprimidas lateralmente, con raquilla artellada por riba das glumas e entre os antecios. As glumas son lineal-lanceoladas ou lanceoladas, agudas, desiguais, sendo menor a gluma inferior. As lemmas son lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, membranosas ou papiráceas, arredondadas no dorso, 5-nervadas, agudas, xeralmente arestadas no ápice. A lemma é bicarenada. As flores son hermafroditas ou ben, as superiores masculinas. Os estames son 1 a 3, os estilos son curtos con estigmas plumosos. O cariopse é oblongo ou lineal.

Hábitat e distribución editar

Aínda que en agricultura algunhas especies son consideradas malezas, pola súa gran capacidade de rexeneración e a súa resistencia a desaparecer, son un forraxe moi nutritivo para os herbívoros e se utilizan a estas especies para alimento da fauna salvaxe e o gado doméstico e en programas de control para evitar a erosión dos solos.

Son gramíneas achegadas a Lolium moi difundidas e capaces de se adaptar aos máis diversos tipos de solos e climas, moi resistentes ás pisadas, agresivas, invasivas e persistentes. Son plantas pioneiras que sobreviven onde moitas especies leñosas non son quen de facelo e constitúen nalgunhas áreas o único alimento dispoñíbel. Algunhas especies están adaptadas a solos áridos, calcarios, areentos, xesosos, salobres ou tóxicos, con exceso de aluminio, cobre, mercurio e outros metais. En zonas apropiadas forman pradarías mestas.

A súa distribución é mundial, agás na Antártida.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 73–76. 1753.[3] A especie tipo é: Festuca ovina L.

Etimoloxía

O nome do xénero deriva do latín e significa talo de palla, tamén o nome dunha herba má entre o orxo.

Citoloxía

O número cromosómico básico do xénero é x = 7, con números cromosómicos somáticos de 2n = 14, 28, 35, 42, 56 e 70, xa que hai especies diploides e unha serie poliploide. Cromosomas relativamente "grandes".[1]

Especies editar

Híbridos interxenéricos editar

Téñense descrito híbridos interxenéricos (notoxéneros) entre Festuca con VulpiaFestulpia Melderis ex Stace & R.Cotton), con LoliumFestulolium Ascher & Graebn.) e con BromusBromofestuca Prodan)[1][6]

Pragas e enfermidades editar

Algunhas especies son parasitadas por fungos endófitos como Neotyphodium, Acremonium ou Claviceps, que se distribúen por toda a planta agás nas raíces e que produce substancias tóxicas alcaloides velenosas para o gado, que en cantidade elevada producen a morte, sendo tamén a causa de malpartos e anomalías físicas como peso baixo, malformacións ou ananismo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2010. 
  2. Nome vulgar das especies do xénero en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. "Festuca". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  4. Festuca en PlantList
  5. "Festuca". World Checklist of Selected Plant Families. 
  6. Bull. Grad. Bot. UNIV. Cluj 16, 93 (1936)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar