Lola Copacabana
Inés Gallo de Urioste, nada en Buenos Aires o 10 de novembro de 1980[1], é unha escritora, tradutora e editora arxentina, máis coñecida polo pseudónimo de Lola Copacabana.
Lola Copacabana | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de novembro de 1980 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | Arxentina |
Ocupación | escritora e tradutora |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Lola Copacabana deuse a coñecer a través do seu blog JustLola, creado en 2003, escrito nun formato similar a un diario tradicional: pequenos parágrafos que relataban diferentes aspectos da súa vida, desde a súa fascinación por Simone de Beauvoir até as súas relaciones de parella pasando pola maternidade e os estudos. Editorial Sudamericana propúxolle publicar un libro a partir do blog, titulado Buena leche.[2]
Amais de editar o seu blog durante dez anos, antologou e traduciu ao castelán do Río da Prata, xunto a Hernán Vanoli, Alt-lit: literatura norteamericana actual (2014, Interzona), antoloxía onde se explora o concepto da literatura alternativa, xénero literario no que se publican obras con deseños de Internet ou da cultura relacionada.[3]
Con Vanoli fundou o selo editorial Momofuku, que publicou en 2015 a súa primeira novela, Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires. En 2017 foi seleccionada como unha dos 39 mellores autores latinoamericanos menores de 39 anos no marco do Hay Festival de Bogotá.[4]
ObraEditar
- Buena leche. Diario de una joven (no tan) formal (Editorial Sudamericana, 2006; relatos a partir do seu blog)
- Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires (Momofoku, 2015; novela)
NOtasEditar
- ↑ Escritores.org. "Copacabana, Lola". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2017.
- ↑ "Una chica poco formal que saltó del blog al libro con sus diarios". La Nación. 18 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017.
- ↑ "Entrevista a Lola Copacabana en Momofuku libros". momofuku.com.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017.
- ↑ "Los 39 jóvenes escritores latinoamericanos elegidos como los mejores del año". Infobae. 7 de maio de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017.
Véxase taménEditar
Ligaźons externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lola Copacabana |
- Lola Copabacana na web da Editorial Momofuku
- Luis Diego Fernández. «Buenos Aires mon amour», RevistaPaco, 25 de marzo de 2015
- «Reincidencia», texto de Lola Copabacana
- Matías Méndez. «"Me interesa retratar tanto las miserias como los aciertos"», Infobae, 10 de maio de 2015