Bisons Loimaa
O Bisons Loimaa (até 2011 chamado Loimaan Korikonkarit, abreviado LoKoKo), é un club de baloncesto profesional finés da cidade de Loimaa, Finlandia Propia. O club foi fundado en 1964 e na tempada 2023-24 competirá na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga, da cal posúe dous campionatos. Os Bisons teñen competido en competicións europeas, así como na VTB United League, unha liga internacional integrada principalmente por equipos rusos.
Bisons Loimaa | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Korisliiga |
Fundación | 1964 |
Historia | L. Korikonkarit (1964-2011) |
Cores | Vermello, branco |
Adestrador | Darko Mihajlovic |
Localización | |
Cidade | Loimaa, Finlandia |
Pavillón | Loimaan liikuntahalli |
Capacidade | 1 300 persoas |
Campionatos | |
Liga | 2 (2012, 2013) |
bisons.fi |
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor vermella e cun pantalón da mesma cor. Xoga os seus partidos como local no Loimaan liikuntahalli, pavillón con capacidade para 1 300 espectadores.
Pavillón editar
Os Bison xogan os seus partidos como locais no Loimaan liikuntahalli, un pavillón construído en 2005 e con capacidade para 1 300 persoas.[1] Con todo, nos seus enfrontamentos europeos o equipo empregou outros pavillóns de maior capacidade como Energia Areena de Vantaa ou o Helsingin jäähalli da capital finlandesa, onde os Bisons reuniron a audiencias superiores ás 6 000 persoas.[2] Durante o seu período na VTB United League os Bisons tamén chegaron xogar no Gatorade Center de Turku, un pavillón con capacidade para 11 000 persoas, vendendo 9 000 entradas dous meses antes do seu partido fronte o Zenit de San Petersburgo.[3]
Palmarés editar
- Campión (2): 2012, 2013
- Subcampión: 2015
- Medalla de bronce: 2014
Notas editar
- ↑ "Loimaan liikuntahalli" (en finés). bisons.fi. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Bisonsin seuraavat Eurocup-ottelut Vantaan Energia Areenalla" (en finés). basket.fi. 31 de outubro de 2013. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Bisons B€€F: Basketball business in Finland" (en inglés). vtb-league.com. Consultado o 28 de maio de 2023.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Bisons.fi (en finés)
- Sitio web do LoKoKo (en finés)
- Nilan Bisons[Ligazón morta] en basket.fi (en finés) (en inglés)
- Nilan Bisons en eurobasket.com (en inglés)