Locrian

Locrian é unha banda estadounidense de música experimental/drone rock formada en Chicago, Illinois, a finais de 2005.[1] No presente o grupo está baseado en Chicago e en Baltimore, Maryland.[2] A banda está composta por Terence Hannum (sintetizadores, voces, tape loops), Steven Hess (batería, electrónica) e André Foisy (guitarras, tape loops, e electrónica).[3] O grupo incorpora influencias de múltiples xéneros como o ambient, o black metal, o noise, o drone, o industrial e a electrónica,[4] e cita a One Eyed God Prophecy, Uranus,[5] Yes, Genesis,[6] Brian Eno, e Robert Fripp como influencias.[7] As letras e as portadas de Locrian evocan imaxes distópicas e apocalípticas. O grupo leva publicados seis álbums de estudio e tres álbums colaborativos.

Locrian
Locrian PromotionalPhoto.jpg
OrixeChicago, Illinois, Flag of the United States.svg
Período2005 - presente
Xénero(s)doom metal, drone, noise, black metal, ambient, electrónica
Selo(s) discográfico(s)Relapse Records
MembrosAndré Foisy
Terence Hannum
Steven Hess
Artistas relacionadosPan American, Mamiffer, Christoph Heemann, House of Low Culture, Nachtmystium, Yakuza
Páxina webBandcamp

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Drenched Lands 2009 At War With False Noise, Small Doses
Territories 2010 At War With False Noise, Basses Frequences, BloodLust!, Small Doses
The Crystal World 2010 Utech Records
The Clearing 2011 Fan Death Records
Return to Annihilation 2013 Relapse Records
Infinite Dissolution 2015 Relapse Records

NotasEditar

  1. TRIBUNE, Andy Downing, SPECIAL TO THE. "Locrian plays in the space between beauty, horror". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2019-12-31. 
  2. "Locrian’s Ode to Extinction". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-31. 
  3. "Locrian | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-31. 
  4. Ludwig, Jamie (2015-06-18). "Locrian Ponders Man’s Inevitable Extinction on New Album, 'Infinite Dissolution". Vice (en inglés). Consultado o 2019-12-31. 
  5. "Keeping Indie Weird - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-31. 
  6. Terich, Jeff (2015-08-17). "Extinction Agenda: An interview with Locrian". Treble (en inglés). Consultado o 2019-12-31. 
  7. "Inside The Shredder's Studio #7: André Foisy Of Locrian". Decibel Magazine (en inglés). 2013-07-24. Consultado o 2019-12-31. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar