Lobo viquingo
Lobo viquingo[1] (en noruegués: Vikingulven) é un filme noruegués de 2022 dirixido por Stig Svendsen, quen tamén escribiu o guión xunto con Espen Aukan. Está protagonizado por Liv Mjönes, Elli Rhiannon Müller Osborne, Arthur Hakalahti e Sjur Vatne Brean. O filme gravouse en Notodden, foi producido por Filmkamatene A/S e REinvent Studios e estreouse nos cinemas de Noruega o 18 de novembro de 2022.
Lobo viquingo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Vikingulven |
Director | Stig Svendsen |
Produtor | John M. Jacobsen Ellen Alveberg |
Guión | Stig Svendsen Espen Aukan |
Intérpretes | Liv Mjönes Arthur Hakalahti Sjur Vatne Brean Elli Rhiannon Müller Osborne Vidar Magnussen Kasper Antonsen Øyvind Brandtzæg |
Fotografía | Trond Tønder |
Estudio | Filmkameratene |
Distribuidora | Filmkameratene |
Estrea | 18 de novembro de 2022 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Noruega |
Xénero | Terror |
Na rede | |
Estreouse subtitulado en galego o 3 de febreiro de 2023 a través da plataforma de Netflix.[2]
Sinopse
editarThale é unha moza de 17 anos que se traslada xunto coa súa familia dende Oslo a unha pequena vila onde a súa nai conseguiu un novo traballo na policía local. Despois de que unha estudante sexa asasinada brutalmente durante unha fiesta á que asistía Thale, ela convértese nunha testemuña clave.
Notas
editar- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "Lobo viquingo". Consultado o 20 de febreiro de 2023.
- ↑ Fansubgalego (ed.). "Lobo viquingo subtitulado en galego en Netflix". Consultado o 20 de febreiro de 2023.