Llywelyn Fardd I, nado arredor do 1125 e finado no 1200, foi un poeta cortesán galés. Chámano así debido a outro bardo homónimo do século XIII, ao que para o distinguir do noso lle chaman Llywelyn Fardd II.

Infotaula de personaLlywelyn Fardd I
Biografía
Nacemento1125 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Gales Editar o valor em Wikidata
Morte1200 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeGales Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1150 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua galesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Non se sabe moito sobre el. Escribiu un poema ao abade Morfran, de Tywyn, que morreu en 1147, así podemos saber en que época viviu. Compuxo dous poemas onde mostraba o seu amor polo Cantref de Meirionnydd, cousa que mostraría que proviña de alí. Crese que o nome de seu pai era Cywryd. Escribiu elexías aos príncipes do Reino de Powys e aos do Reino de Gwynedd. Podemos atopar cinco pezas súas nos manuscritos antigos. Unha delas é 'Canu Cadfan', unha loanza a San Cadfan e hai tamén un poema sobre o Xuízo Final. Existen tres poemas a protectores seculares, é dicir, dadolwch a Owain Fychan (m. 1187), un dos fillos de Madog ap Maredudd de Powys; marwnad a Cedifor ap Genillyn, un nobre de Meirionnydd e un arwyrain a Owain Gwynedd (m. 1170), rei de Gwynedd.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Catherine McKenna (ed.) , 'Gwaith Llywelyn Fardd I', en Kathleen Anne Bramley et al. (ed.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o Feirdd y Ddeuddegfed Ganrif (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1994). Esta é a edición estándar da obra de Llywelyn Fardd, en 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'.