Livro de Linhagens
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
O Livro de Linhagens de D. Pedro é unha obra de mediados do século XIV escrita por Pedro, conde de Barcelos. Esta obra, a máis antiga das conservadas, forma parte dun manuscrito que chegou até hoxe incompleto; consérvase só un fragmento da obra orixinal.
Livro de Linhagens | |
---|---|
Autor/a | Don Pedro, conde de Barcelos |
Lingua | lingua portuguesa |
Xénero(s) | libro de liñaxe |
Data de pub. | século XIVxuliano |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao considerarse un subtipo "nobiliarios" dentro da "prosa literaria", os restantes Livros de Linhagens coñecidos só se conservan en manuscritos tardíos, e as outras testemuñas do mesmo texto son posteriores ao século XV. Mais considerando a totalidade dos textos conservados dentro do tipo máis abranguente, "textos literarios", son escasos os que se conservan en testemuñas do século XIV.
Preséntase como unha tentativa de resumo da historia universal desde os principios da historia da humanidade. Nel encóntranse moitas lendas, máis tarde aproveitadas polos autores do romanticismo. Incluíu unha descrición da batalla do Salado, que ficou célebre.
Contexto histórico
editarO Livro de Linhagens do Conde Dom Pedro é unha obra de grande importancia debido á escaseza de testemuñas conservadas desta época que transmitan textos tipoloxicamente próximos. Foi compilado durante o reinado portugués de Afonso IV. Ao mesmo tempo no que se vivía un período de enfrontamento no reino de Portugal, máis agresivo en relación co inimigo mouro; os conflitos sociais internos tamén estaban no foco de importancia no período.
As xenealoxías familiares -tan comúns nos diversos países europeos do occidente medieval- acostumaban desempeñar un papel de primeira orde para a reconstrución social da memoria familiar, fundamentalmente no seo da nobreza feudal. Reconstruír unha lista de antepasados, de parentes e contraparentes, de relacións entre un home e os heroes ou traidores familiares que o precederan, era introducir este home nun vasto sistema de valores e contravalores. A través da liñaxe que se mudaba visíbel a todos a través dos "nobiliarios", os diversos individuos pertencentes á nobreza víanse oportunamente introducidos nunha rede de alianzas e solidariedades, e ao mesmo tempo nun sistema de rivalidades que contrapuña os individuos a través de odios e antipatías ancestrais que eran herdados tan concretamente como as propiedades fundadas ou emblemas da familia. As liñaxes outorgaban ao individuo pentencente á nobreza un trazo fundamental da súa identidade, explicitándolle os seus espazos de inclusión e de exclusión social, as súas conexións co mundo social e histórico, e sobre todo a súa inserción nunha complexa rede de entrecruzamentos familiares e liñaxísticos.
En Portugal consérvanse catro livros de linhagens da época medieval: o Primeiro Livro de Linhagens (ou Livro Velho de Linhagens), compilado ao redor de 1270, o Segundo Livro de Linhagens (tamén Libro de Liñaxes do Deão), de cerca de 1340, o "Nobiliário da Ajuda" e finalmente o Livro de Linhagens do conde D. Pedro. Este último é o máis importante desde o punto de vista literario, sendo compilado por Pedro Afonso, conde de Barcelos, entre 1340 e 1344. Ademais, Pedro Afonso non só incorporou a xenealoxía das familias nobres portuguesas, peninsulares e europeas senón que tamén relata episodios históricos e narrativas fantásticas relacionadas coa orixe das familias que son de moito interese histórico e literario.
Función
editarOs livros de linhagens tiñan unha función práctica: regular casamentos consanguíneos e asegurar os dereitos hereditarios dos membros dunha familia nobre e dos seus descendentes. Por outro lado, en común coas demais modalidades xenealóxicas, tan recorrentes nos diversos países europeos do occidente medieval, os livros de linhagens tamén acostumaban desempeñar un papel de primeira orde para a reconstrución social da memoria familiar, principalmente no seo da nobreza feudal. Reconstruír unha listaxe de antepasados, de parentes e contraparentes, de relacións entre un home e os heroes ou traidores familiares que o precederon, inserir este home nun vasto sistema de valores e contravalores.
A través da liñaxe que se tornaba visíbel a todos a través dos nobiliários, os diversos individuos pertencentes á nobreza víanse oportunamente inseridos nunha rede de alianzas e solidariedades, e ao mesmo tempo nun sistema de rivalidades que contrapuña os individuos a través de odios e antipatias ancestrais que eran herdados tan concretamente como as propiedades ou os brasóns de familia. As liñaxes, e a través delas os nobiliários que as rexistraban por escrito, revisaban ao individuo pertencente á nobreza un trazo fundamental de súa identidade, explicitándolle os seus espazos de inclusión e de exclusión social, as súas conexións co mundo social e histórico, e sobre todo a súa inserción e tipo de inserción nunha complexa rede de entrecruzamentos familiares a liñaxísticos.
Conforme se di, moitas veces as xenealoxías europeas non pasaban de longas listaxes familiares, cun mínimo de material narrativo presentando unha ou outra explicación que se facía necesaria para o acompañamento dunha determinada historia familiar a través dunha dada sucesión de casamentos e filiacións. Con todo, é precisamente nos reinos ibéricos dos séculos XI ao XIV, e máis particularmente aínda no Portugal dos séculos XIII e XIV, que as xenealoxías asumiron aínda esta característica bastante singular: tenderon a deixar de ser meras listas de casamentos e filiacións para constituíren un xénero híbrido que mesturaba a crónica e a xenealoxía propiamente dita. Así, nesta especie de texto, un tipo de discurso xenealóxico en forma de lista familiar que vai describindo paso a paso unha cadea liñaxística a través dos seus sucesivos desdobramentos vese, de momentos en momentos, entrecortado por un discurso narrativo que é interpolado á lista xenealóxica para supostamente caracterizar o individuo ou a familia descrita.
Descrición do manuscrito
editarO chamado Nobiliário da Ajuda ou do Colégio dos Nobres contén a parte final do título XXI e os títulos XXXV, con lagoas no título XXX, do Livro de Linhagens do Conde D. Pedro[1]. Trátase dun conxunto de 39 folios de grandes dimensións, distribuídos por seis cadernos, algúns dos cales incompletos e un deles coas follas troceadas. Foi encadernado xunto co Cancioneiro da Ajuda, incluído, polo tanto, nun groso códice de aspecto monumental, mais a secuencia dos cadernos encóntrase tamén desordenada. O aspecto xeral actual do manuscrito non é uniforme, alterna os folios en bo estado de conservación con outros amarrotados e coa tinta manchada.
A observación do fragmento parece indicar que se trata de parte dun manuscrito destinado orixinalmente a transmitir un texto concibido como definitivo. A observación do fragmento mostra tamén que chegou aínda a haber revisións en importantes pasaxes do texto, só que, máis dunha vez, ese traballo ficou incompleto (cf. adiante a mención a varias pasaxes rachadas, nunhas ocasións reescritas e noutras non).
Soporte
editarO manuscrito está constituído por folios en pergamiño groso no cal se distingue ben o lado da carne do lado do pelo. O primeiro é máis claro e liso, presentando tamén a tinta aplicada nunha cor máis clara. O lado do pelo presenta un ton máis amarelado, sendo aínda visíbeis nalgúns extremos inferiores dos folios leves marcas do pelo insuficientemente pulido na preparación do pergamiño. É nestas páxinas nas que se amosa maior irregularidade da cor e textura do soporte. O pergamiño presenta esporadicamente buracos da propia pel, visto que son anteriores á escrita, non cortando o texto.
Nos cadernos completos e correctamente ordenados como o cuarto e o quinto pode aínda notarse que a disposición do pergamiño respectou a regra de presentar cara a cara sempre páxinas correspondentes ao mesmo lado da pel, presentando páxinas exteriores de cada caderno sempre ao lado da carne.
As actuais dimensións dos folios son de 440 mm x 343 mm, non correspondendo certamente ás orixinais, visto que algunhas notas das marxes exteriores están cortadas e os furados de pautado das marxes superior e inferior apenas se conservan nalgúns folios. A ausencia de sinaturas poderá tamén ser consecuencia do corte das follas, probabelmente ocorrido durante a encadernación.
Numeración dos folios
editarO fragmento non conserva probas dunha numeración orixinal dos folios. Parece pausíbel admitir que o manuscrito tería sido ordenado por medio de sinaturas, despois suprimidas polo corte para a encadernación, como se notou enriba.
No momento presente son visíbeis tres ordes diferentes de numeración dos folios: foliación (do século XVIII, segundo Mattoso, ibid.: 14), inscrita no canto superior do recto, de 1 a 39, segundo a orde do texto; paxinación, a lapis, máis tardía que a numeración anterior, de 1 a 78, seguindo a orde da actual disposición dos folios, inscrita nos cantos superiores esquerdo do recto e dereito do verso; foliación recente, seguindo a orde da encadernación, mais de forma incoherente no primeiro caderno, inscrita a lapis no canto inferior esquedo do recto, de 2 a 40.
Mattoso (1980) non usa ningunha destas numeracións como referencia na súa edición crítica.
Cadernos
editarO fragmento conservado está constituído por seis cadernos, dous dos cales están incompletos e un coas follas desordenadas, estando tamén a secuencia dos cadernos actualmente desordenada.
- O primeiro caderno ten sete folios, correspondentes a tres bifolios e un folio como "talón".
- O segundo caderno está completo, mais desordenado.
- O terceiro caderno conserva apenas seis folios, faltando o segundo bifolio (o que corresponde ás lagoas do texto entre os folios número 16 e 17 e entre o 20 e 21).
- O cuarto caderno está completo sendo o único que se encontra na secuencia correcta en relación ao que o precede.
- O quinto caderno está igualmente completo.
- Do sexto caderno apenas consérvase un bifolio.
En resumo, dos seis cadernos conservados, só dous (o terceiro e o cuarto) se encontran colocados en secuencia de forma correcta.
Pautado
editarO pautado trazado para o texto a dúas columnas é ben visíbel en todos os folios escritos. Os buratos usados para trazar a pauta vense en todos os folios, tanto nas marxes interior coma nas exteriores e nas marxes superior e inferior.
Nalgunhas páxinas, o trazado da pauta contempla tamén as notas das marxes dereita e esquerda e hai 5 liñas verticais en vez de 4. Estas foron nalgúns casos aproveitadas para inscricións de notas marxinais.
Todos os folios foron furados máis apenas ten pautadas as páxinas con texto. A pesar do carácter intermitente da paxinación, o número de liñas é invariabelmente 31, excepto na páxina 39, que ten 32.
Escrita
editarO texto do fragmento foi copiado en letra gótica caligráfica común, de aspecto pesado aínda que con razoábel contraste entre finos e completos.
As notas marxinais presentan case sempre letra semellante á do texto. Hai anotacións en letra diferente e en cusrsiva.
Diferéncianse así apenas dúas mans, a segunda das cales non ocupa máis dun total de 23 liñas de texto.
Rubricación e decoración
editarTodos os enunciados dos títulos teñen, á parte das abundantes rúbricas, color vermella e aínda algunhas maiúsculas iniciais de parágrafo. Moitas maiúsculas teñen o trazo vertical vermello. A tinta vermella foi, pois, inscrita posteriormente, o que se confirma pola irregularidade dos espazos visíbeis entre as rúbricas do texto que, ás veces, foi excesivo e outras insuficiente.
As letras iniciais dos títulos, de dimensións que varian na altura entre 13 mm e 20 mm aproximadamente, eran feitas en vermello, en trazo completo, e filigranadas a roxo.
Estado de conservación
editarO aspecto do manuscrito conservado non é uniforme, irregularidade debida non só ao soporte material en si, máis tamén á súa forma de conservación. A desigualdade do aspecto entre os varios cadernos deixa supor que se debera a factores anteriores á encadernación e posteriores á perda dos cadernos e folios en falta.
O aspecto da tinta, actualmente de cor castaña e tamén variábel en diferentes folios, clara nalgúns deles mentres noutros a súa uniformidade e nitidez son sorprendentes. De manera xeral a tinta vermella dos títulos e rúbricas ten unha maior uniformidade e resistiu mellor o paso do tempo, conservando unha cor viva e brillante.
Notas
editar- ↑ Das restantes testemuñas, Mattoso (1980: 12-27) dá unha lista, non exhaustiva mais si extensa, na cal se refire a máis de cincuenta manuscritos, con datas que van até o século XIX. Alén da edición deste autor, o fragmento de Ajuda fora xa publicado por Herculano (1856), e o texto do Livro de Linhagens (tendo como base esencialmente o manuscrito conservado no IAN/TT, de fins do século XV ou principios do XVI) constituíu xa obxecto de varias adaptacións e resumos (Mattoso 1980: 28-29). En termos de edicións parciais, véxase tamén a de José Joaquim Nunes da narrativa da Batalla do Salado (Nunes ([1906] 1981), con correccións, reconstitucións do texto e notas explicativas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Teresa Brocardo, Livro de Linhagens do Conde D. Pedro Edição do Fragmento manuscrito da Biblioteca da Ajuda (século XIV), Imprensa Nacional-Casa da Moeda (2006)