Lista de gobernantes de Capadocia
Esta páxina lista os sátrapas aqueménidas e os posteriores monarcas de Capadocia,[1] unha antiga rexión da Anatolia central.
Sátrapas de Capadocia (c. 380–331 a.C.)
editarA Satrapía de Capadocia[2] foi unha satrapía (provincia) do Imperio Aqueménida até a súa conquista por Alexandre o Grande no 331 a.C.
- Datames, c. 380–362 a.C.
- Ariamnes I, 362–350 a.C.
- Mitrobuzanes (morto 334 a.C.)
- Ariarates I, 340–331 a.C.
Reis de Capadocia (331 a.C.–17 d.C.)
editarAriarates I conseguiu manter o control de Capadocia, mesmo despois da conquista dos persas por Alexandre Magno; con todo, en 322 a.C., foi crucificado por Pérdicas, o xeneral de Alexandre e, rexente.
Pérdicas cedeu Capadocia a Eumenes, o exsecretario de Alexandre. Non obstante, durante a inestabilidade por mor das continuas guerras civís entre os xenerais de Alexandre, Eumenes foi asasinado, e o fillo adoptivo de Ariarates I, Ariarates II, conseguiu volver a asegurar a súa herdanza e converteuse en rei de Capadocia despois de acepta-la soberanía seléucida.
Dinastía Ariátida
editar- Ariarates I 331–322 a.C.
- Ariarates II, 301–280 a.C.
- Ariamnes II, 280–230 a.C.
- Ariarates III, 255–220 a.C.
- Ariarates IV Eusebes, 220–163 a.C.
- Ariarates V Eusebes Filopátor, 163–130 a.C.
- Orofernes, 157 a.C.
- Ariarates VI Epifanes Filopátor, 130–116 a.C.
- Ariarates VII Filométor, 116–101 a.C.
- Ariarates VIII, 101–96 a.C.
- Ariarates IX, c. 95 a.C.
Dinastía Ariobarzánida
editar- Ariobarzanes I Filoromano, 95–c. 63 a.C.
- Ariobarzanes II Filopátor, c. 63–51 a.C.
- Ariobarzanes III Eusebes Filoromano, 51–42 a.C.
- Ariarates X Eusebes Filadelfos, 42–36 a.C.
- Arquelao Ktistes, 36 a.C.–17d.C.
Notas
editar- ↑ Costanzo, Salvador (1853). Historia universal, desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, (en castelán) I. Madrid: Establecimiento tipográfico de Mellado. p. 112.
- ↑ Weiskopf, Michael (15-12-1990). "Cappadocia". Encyclopaedia Iranica (en inglés). Consultado o 20-7-2019.