Ariamnes II de Capadocia

Ariamnes II (en grego Aριάμνης), finado no 230 a. C., foi un gobernador e rei ​​de Capadocia dende o 280 a. C. até aproximadamente o 230 a. C.; sucedeu ao seu pai Ariarates II.

Ariamnes II de Capadocia
Nacementoséculo III a. C.
Falecementoséculo II a. C.
Ocupaciónmonarca
PaiAriarates II de Capadocia
FillosAriarates III de Capadocia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seléucida Antíoco I Soter ("o Salvador") continuou o traballo do seu pai e foi recoñecido entódolos seus dominios, e no 280 a. C. enviou un exército a Capadocia que non o recoñeceu, polo que ocupou o país. Ariarates II fuxiu cara a Armenia onde foi acollido polo rei Adrat. Finalmente, Antíoco, aceptará que o fillo de Ariarates, Ariamnes, poida recuperar o título de sátrapa.

Non foi até o 256 a. C. que conseguiu de Antíoco II Theos, de Siria a independencia para o seu reino e o dereito a levar o título de Rei. Para iso, estableceu unha alianza con Antíoco na que casou a seu fillo, Ariarates III, con Estratonice III,[1] filla de Antíoco. Daquela, gobernou co seu fillo Ariarates III asociado ao trono,[2] até o 230 a. C. cando morreu.

Favoreceu a helenización e crese que é foi o fundador do estado de Capadocia. Probablemente, foi o primeiro en obter a independencia de Capadocia do imperio seléucida.[3]

Reino de Capadocia

Segue a:
Ariarates II
Ariamnes II de Capadocia
Precede a:
Ariarates III
Dinastía Ariarátida

NotasEditar

  1. Guillemin (1858), p. 182
  2. Feller (1838), p. 231
  3. Diodoro Sículo (traducido polo abade Terrasson) (1744). Histoire Universelle (en francés). VII (XXXI, 3). París. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar