Ariarates II de Capadocia

sátrapa aqueménida e Rei de Capadocia

Ariarates II (en grego antigo: Ἀριαράθης, Ariaráthēs), nado cara o 320 a.C., foi un sátrapa e, despois, rei de Capadocia.

Ariarates II de Capadocia
(Moeda de Ariarathes II. Ao redor de 301-280 a.C.)
KINGS of CAPPADOCIA. Ariarathes II. Circa 301-280 BC.jpg
Nacementoséculo III a. C.xuliano
Falecemento280 a. C.
OcupaciónGobernador
FillosAriamnes II de Capadocia
editar datos en Wikidata ]
Satrapía de Capadocia no imperio aqueménida.

TraxectoriaEditar

Era fillo de Orofernes I, pero ao morrer este foi adoptado como fillo polo seu tío Ariarates I, rei de Capadocia. Trala execución de seu tío por Pérdicas, fuxiu a Armenia onde permaneceu até a morte de Eumenes de Cardia (convertido no gobernante de Capadocia por Pérdicas) a mans de Antígono I Monóftalmos.[1]

Nese momento, e trala batalla de Isos (301 a.C.), foi recoñecido como gobernante semi-independente de Capadocia por Seleuco I Nicátor,[2] a cambio de acepta-la soberanía Seleúcida.[3] Ao morrer Seleuco (280 a.C.), o territorio pasa a poder de Antíoco I Sóter[2] e cara o 280 a.C., aproveitando un momento de debilidade deste, co apoio de Orontes III (ou Ardoates), rei de Armenia, conseguiu derrotar a Amintas, o xeneral macedonio de Antíoco co que comeza, practicamente, unha etapa de independencia.

Foi sucedido por Ariamnes, o máis vello dos seus tres fillos.

Reino de Capadocia

Segue a:
Ariarates I
rei de Capadocia
Ariarates II de Capadocia
Precede a:
Ariamnes II
Dinastía Ariarátida

NotasEditar

  1. Haym, Nicholas (1720). The British Treasury II. p. 13. 
  2. 2,0 2,1 "livius.org". livius.org (en inglés). 28 de abril de 2019. Consultado o 23-7-2019. 
  3. Hazel (2000), p. 30

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar