Lista de atentados terroristas en 2023

artigo de listas da Wikimedia

Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2023.

Atentados por mes editar

Setembro editar

1 de setembro

  •   Siria: Un ataque con foguetes contra unha aldea na rexión de Jarablus, deixaron polo menos 6 mortos e 8 feridos. O perpetrador do atentado é o YPG/PKK.[1]

2 de setembro

  •   Siria: Un ataque contra o exército sirio aos arredores de Al Sarraf, provincia de Lataquia, deixou polo menos 15 mortos e varios feridos. Tamén houbo 3 terroristas mortos durante os enfrontamentos entre o exército e o perpetador do ataque a coalición xihadista Hayat Tahrir al Sham (HTS).[2]

Outubro editar

1 de outubro

  •   Turquía: Un ataque suicida contra o Ministerio de Interior turco en Ancara, deixou dous terroristas mortos (un accionou os explosivos mentres que o outro foi neutralizado polos axentes de seguridade) e dous policías feridos. O perpetrador do atentado é o PKK.[3][4]

3 de outubro

  •   Níxer: Un ataque contra un destacamento militar ao noroeste de Tabatol, deixou polo menos 29 vítimas mortais e 2 feridos graves. O ataque aínda no foi reivindicou por ningunha organización terrorista, aínda que na zona hai unha forte presenza do Estado Islámico no Gran Sáhara.[5][6]

5 de outubro

  •   Siria: Un ataque con drones contra a cerimonia de graduación na Academia Militar de Homs, deixou polo menos 80 vítimas mortais e uns 240 feridos. As autoridades sirias atribuíu o ataque a organizacións terroristas, aínda que ningunha reivindicou o atentado.[7][8]

8 de outubro

  •   Exipto: Un tiroteo na cidade de Alexandría, deixou 3 mortos (2 turistas israelís e 1 guía exipcio) e 1 israelí ferido. O autor do ataque é un policía exipcio. Non foi reivindicado por ningunha organización terrorista.[9]

13 de outubro

  •   Afganistán: Un ataque suicida contra unha mesquita xiíta na cidade de Puli Khumri, na provincia de Baghlan, deixou polo menos 7 vítimas mortais e 15 feridas. O atentado foi reivinciado polo Estado Islámico.[10]
  •   Francia: Un ataque con coitelo nun instituto na cidade de Arras, deixou 1 profesor morto e 3 feridos ( 1 docente e 2 profesores). O autor do ataque é un home de orixe rusa fichado polas autoridades francesas por radicalización islamista. Uns días máis tarde soubese que o autor do atentado xurou lealdade ao Estado Islámico.[11][12]

16 de outubro

  •   Bélxica: Un tiroteo durante o partido Bélxica-Suecia en Bruxelas, deixou 2 vítimas mortais e 1 ferida. O autor do atentado é un home tunisiano que dixo pertencer ao Estado Islámico. Un día máis tarde, foi abatido polos axentes de seguridade.[13][14]
  •   Somalia: Un ataque suicida fronte a un restaurante e preto da sede de goberno de Somalia en Mogadixo, deixou 1 vítima mortal e 4 feridas. O perpretador do ataque é o Al-Shabaab.[15]

17 de outubro

  •   Uganda: Un ataque contra un grupo de turistas que estaban visitando o Parque Nacional da raíña Isabel nas zonas de Muya e Kikorongo, en Kasese, deixou 3 mortos (1 guía ugandés, 1 parella británico-sudáfricana). O grupo que perpretou o atentado foi o Estado Islámico de África Central.[16]

21 de outubro

  •   Somalia: Un ataque con coche bomba contra unha base de especialistas militares na zona de Elasha Biyaha, preto de Mogadixo, deixou polo menos 16 mortos (14 militares e 2 civís). O atentado foi reivindicado por Al-Shabaab.[17]

Decembro editar

2 de decembro

  •   Francia: Un ataque con martelo e coitelo en París, deixou polo menos 1 vítima mortal e 2 feridas. O autor do atentado é un mozo francés, de orixe iraniano, de 26 anos. O motivo do ataque parece ser que o islamismo.[18]

3 de decembro

  •   Malí: Unha serie de ataques contra cinco localidades (Ménaka, Labbezanga, Tessalit, Gossi e Dioura), deixou varios mortos e feridos, pero aínda non hai cifras oficiais. Tres ataques foron perpetrados por JNIM e os outros dous por Estado Islámico do Sahel.[19]

5 de decembro

  •   Siria: Un atentado con explosivo no centro do país, deixou polo menos 6 membros dunha milicia progubernamental mortos e unha elevada cifra de feridos. O ataque foi achacado ao Estado Islámico.[20]

15 de decembro

  •   Irán: Un ataque perpetrado polo grupo terrorista Jaish al Adl contra unha comisaría da cidade de Rask, deixou polo menos 12 policías mortos.[21]
  •   Paquistán: Polo menos 4 persoas morreron e 10 quedaron feridas, logo de dous atentados na provincia de Jíber Pajtunjua. O primeiro ataque foi contra un posto de control no distrito de Jíber, onde houbo 2 vítimas mortais e 7 feridas. O segundo aconteceu na cidade de Tank, onde morreron outras 2 persoas e 3 foron feridas. Os ataques aínda non foron reclamados.[22]

Notas editar

  1. Muhammed Enes Çallı (1 de setembro de 2023). "Al menos 6 muertos y 8 heridos en un ataque con cohetes de la organización terrorista PKK/YPG en el noroeste de Siria". www.aa.com.tr (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  2. Europa Press (2 de setembro de 2023). "Mueren más de 15 soldados de Siria en un ataque del grupo terrorista HTS en la provincia de Latakia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  3. RTVE.es / AXENCIAS (1 de outubro de 2023). "Mueren dos terroristas en Ankara en un atentado suicida contra el Ministerio del Interior turco". www.rtve.es (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  4. Gabriel Gavin (1 de outubro de 2023). "Kurdish militants claim responsibility for terror attack in Ankara". www.politico.eu (en inglés). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  5. France 24 (3 de outubro de 2023). "Níger: al menos 29 soldados muertos en el atentado terrorista más mortífero desde el golpe de Estado". www.france24.com (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  6. Aurore Bonny (3 de outubro de 2023). "Niger confirms 29 soldiers killed in terrorist attack near border with Mali". www.aa.com.tr (en inglés). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  7. Rtve.es / Axencias (5 de outubro de 2023). "Al menos 80 muertos y unos 240 heridos en un ataque con drones contra una academia militar en Siria". www.rtve.es (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  8. EFE (5 de outubro de 2023). "Al menos 80 muertos y 240 heridos en un ataque contra academia militar en el oeste de Siria". efe.com (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  9. David Gritten (8 de outubro de 2023). "Two Israeli tourists and local guide shot dead in Egypt, Israel says". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  10. Reuters (13 de outubro de 2023). "Suicide Bombing at Shiite Mosque Kills 7 in Northern Afghanistan: Official". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  11. Marc Bassets (13 de outubro de 2023). "Un profesor muere apuñalado en un ataque con un cuchillo en un instituto del norte de Francia". elpais.com (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  12. Diana Tinjacá (18 de outubro de 2023). "Francia: sospechoso del ataque en Arras juró lealtad al autodenominado Estado Islámico". www.france24.com (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  13. El Periódico (16 de outubro de 2023). "Dos hinchas suecos, muertos en un ataque terrorista en el centro de Bruselas". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  14. Silvia Martinez (17 de outubro de 2023). "La policía belga mata de un disparo al presunto autor del atentado de Bruselas". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  15. Europa Press (17 de outubro de 2023). "Al menos un muerto y cuatro heridos en un ataque suicida cerca de la sede del Gobierno en Mogadiscio, Somalia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2024. 
  16. Europa Press (19 de outubro de 2023). "Estado Islámico reclama la autoría del asesinato de dos turistas en un ataque en un parque nacional en Uganda". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  17. Europa Press (21 de outubro de 2023). "Al menos 16 muertos en un atentado de Al Shabaab contra especialistas militares cerca de Mogadiscio". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  18. Cadena SER (3 de decembro de 2023). "Francia investiga como terrorista el ataque de un joven que mató a un turista en París". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  19. Europa Press (4 de decembro de 2023). "Grupos yihadistas atacan cinco posiciones del Ejército de Malí". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  20. Europa Press (5 de decembro de 2023). "Mueren seis miembros de una milicia progubernamental en un atentado achacado a Estado Islámico en Siria". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  21. Europa Press (15 de decembro de 2023). "Mueren doce policías en un ataque perpetrado por un grupo terrorista suní contra una comisaría en Irán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2023. 
  22. Europa Press (15 de decembro de 2023). "Mueren cuatro agentes en dos nuevos ataques terroristas en el norte de Pakistán". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2023.