Abrir o menú principal

Linguaxe animal é un concepto xenérico que se aplica ós diferentes sistemas de comunicación empregados polos animais.

Na opinión dalgúns autores, non é correcta a aplicación do concepto linguaxe para referirse ao xeito de comunicación animal. Pola contra, outros formulan a hipótese dun desenvolvemento filoxenético continuado da linguaxe humana a partir das formas animais.

Aínda que non se atopan nos animais moitas características da linguaxe humana, é certo que foron comprobadas, en investigacións con chimpancés, certas capacidades lingüísticas que satisfán criterios cualificados como propios da linguaxe humana.

A linguaxe entre entre os Chlorocebus aethiopsEditar

Un equipo de investigadores da Universidade de Penislvania investigou o compartamento dos Chlorocebus aethiops, uns monos que habitan no parque nacional de Ambolesi, localizado no sur de Kenya, e atoparon que producían tres tipos de chamada de alerta, segundo que se tratase de serpes, aguias ou leopardos, e que implicaban un tipo de resposta diferente, e en caso necesario poden matizar as chamadas de alerta segundo as circunstancias concretas. Ademais, estes momos empregan unha serie de gruñidos nas súas interaccións sociais

Véxase taménEditar