Abrir o menú principal

Lista de voces dos animais

artigo de listas da Wikimedia
Un burro a ornear.

Esta é unha lista das voces dos animais no idioma galego. A maioría destas palabras poden usarse como verbo ou substantivo, e boa parte delas é de orixe onomatopeica.[1]

Voces por animalEditar

Animal/animais Imaxe Voces Son
Abella   zoar,[2] zumbar,[3] zunir[4]
Aguia   chiar[5], gritar, berrar
Año   bear[6], mear[7], berrar[8]
Avéspora   zoar, zumbar, zunir
Boi e vaca   bruar (bruído), abracar, aturrar, berrar, berregar, bradar, bramar, brecar, burdear, esborrecar, muar, muiñar[8]
Burro   ornear[9]
Cabra   bear[6], mear[7], berrar
Can   ladrar[10], atouzar[11] (ganir, ouvear)
Cabalo   rinchar[12]
Cervo   bramar[13]
Cobra ou serpe   bufar, asubiar
Curuxa   piar[14], aturuxar
Corvo   axirir, craiar, croar, grallar[15]
Cuco   cucar[16]
Elefante   bramar[13], bruar
Gaivota   axirir, craiar, croar, grallar
Galiña   cacarexar,[17] cascarexar, carlear
Galo   cantar[18]
Gato   miar[19], miañar[20], maiar, ronronar, rosmar[21]
Grilo   grilar[22], cantar
Grou   agruar[23]
Hiena   chorar, ouvear
Insectos   zoar[2], zumbar[3], zunir[4]
León   ruxir[24], bramar[13], bruar[25]
Lobo   ouvear[26]
Mono ou macaco   berrar[8], guinchar
Mosca   zoar[2], zumbar[3], zunir[4]
Mosquito   zoar, zumbar, zunir
Moucho e bufo   piar, aturuxar, mouchear
Oso   gruñir[27], ganir[28]
Ovella   bear[6], mear[7], berrar[8]
Pantera   ruxir, bramar, bruar
Papagaio   parlar
Paxaro   cantar, piar, pirlar, chirlar,chilrar (canto, pío, pirlón, trilo, rechouchío)[14]
Parrulo   grallar[15]
Pavo   grallar, grugulexar
Pega   axirir, craiar, croar, grallar
Pomba   trilo, rechouchío
Porco   gruñir[27], griñir[29], gorlar,[30] roncar, roñar, rosmar[31]
Ra   grallar, craiar, ranfiñar
Rato   chiar[5]
Sapo   craiar, grallar[15]
Tigre   roncar
Xabaril   gruñir, griñir, gorlar, roncar, roñar, rosmar

Outros:

  • Frémito: bramido[32].
  • Ganir: Animal cando berra laiándose (porco, can)[28].
  • Gacear, [Certos paxaros] cantar[33]
  • Oulear ou Ouvear: can, lobo a emitir ouveos[34].
  • Minar: bruar un animal de dor ou pola cría (bradar, bramar, esborrecar, iñar, muar); tamén o gato: maiar para pedir comida (maiar, miañar, miar)[35].

NotasEditar

  1. Lima, Romeu R. de (2010). Ocê Quê Sabê? (en portugués). Clube de Autores. p. 440. ISBN 9781499693164. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zoar.
  3. 3,0 3,1 3,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zumbar.
  4. 4,0 4,1 4,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zunir.
  5. 5,0 5,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chiar.
  6. 6,0 6,1 6,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bear.
  7. 7,0 7,1 7,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mear.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para berrar.
  9. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ornear.
  10. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ladrar.
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para atouzar.
  12. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rinchar.
  13. 13,0 13,1 13,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bramar.
  14. 14,0 14,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piar.
  15. 15,0 15,1 15,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grallar.
  16. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cucar.
  17. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacarexar.
  18. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantar.
  19. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miar.
  20. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miañar.
  21. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rosmar.
  22. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grilar.
  23. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para agruar.
  24. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ruxir.
  25. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bruar.
  26. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ouvear.
  27. 27,0 27,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gruñir.
  28. 28,0 28,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ganir.
  29. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para griñir.
  30. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gorlar.
  31. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rosmar.
  32. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frémito.
  33. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gacear.
  34. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oulear.
  35. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para minar.

Véxase taménEditar