A lingua urum é unha lingua da familia turca falada polo pobo urum de orixe grega que habita en Xeorxia e o sueste de Ucraína. Co paso dunhas poucas xeracións, os nenos urum están a aprender outras linguas máis comúns da rexión caucásica, deixando un número moi limitado de novos falantes.[2] A miúdo é considerada unha variedade da lingua tártara de Crimea.

Urum
Урум
Pronuncia:[uˈrum]
Falado en: Xeorxia e Ucraína
Total de falantes: 190 000 (2000)
Familia: Linguas turcas
 Turco shaz
  Linguas kipchak
   Kipchak occidental
    Urum
Escrita: Cirílico e grego
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: uum
Mapa
Status

O urum está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O termo urum deriva do termo árabe روم (rūm), que quere dicir romano e subsecuentemente bizantino e grego. En turco otomán baixo o Imperio Otomán, rum refírese ós cristiáns ortodoxos que viven no Imperio; en turco moderno, rum refírese ós gregos que viven en Turquía. A poboación turcófona de Xeorxia a miúdo é confundida coa comunidade distintiva de Ucraína.[3][4]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Did you know Urum is endangered?". Endangered Languages (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  3. Казаков, Алексей (decembro de 2000). "Понтийские греки" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2018. 
  4. Gordon, Raymond G. (ed.) (2005). Ethnologue: Languages of the World, ed. "Ethnologue Report for Urum". SIL International. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar