Abrir o menú principal

A lingua unami é unha lingua algonquina extinta falada no pasado polo pobo lenape. É unha das dúas linguas delaware, sendo a outra o munsee. O derradeiro falante fluído, Edward Thompson, da Tribo de Indios Delaware, morreu o 31 de agosto de 2002.[1] A súa irmá Nora Thompson Dean (1907–1984) tamén achegou valiosa información sobre a lingua ós estudosos antes de morrer.

Unami
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Estado de Nova York e Vermont
Extinción: 2002[1]
Familia: Álxico
 Algonquino
  Algonquino oriental
   Delaware
    Unami
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: unm
Mapa do territorio dos lenape cos límites entre o munsee e o unami.

Durante os século XVII e XVIII, o unami foi falado polos lenape no que hoxe se coñece como o estado de Nova Jersey, o sueste de Pensilvania e o norte de Delaware. Na década de 1860, o goberno dos Estados Unidos enviou a moitos lenape cara ó Territorio Indio (o actual estado de Oklahoma) baixo a política de deportación dos indios, e no presente tamén viven en Ontario e Oklahoma.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Chambers, Steve. "The vanishing voice of the Lenape." Star-Ledger. 17 Nov 2002. Consultado o 8 de decembro de 2013.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Goddard, Ives. 1979. Delaware Verbal Morphology. New York: Garland. [published version of 1969 Harvard University dissertation in linguistics] ISBN 978-0-8240-9685-4
  • Goddard, Ives. 1997. "Pidgin Delaware.” Sarah G. Thomason, ed., Contact Languages: A Wider Perspective, pp. 43–98. Amsterdam: John Benjamins Publishing Company. ISBN 978-1-55619-172-5