Linguas álxicas

familia de linguas indíxenas de América do Norte

A das linguas álxicas é unha familia de linguas indíxenas de América do Norte. A maioría delas pertencen á subfamilia das linguas algonquinas, que se falaban desde as Montañas Rochosas até Nova Inglaterra á chegada dos europeos á rexión.

Linguas álxicas
Falado en: Canadá, Estados Unidos
Total de falantes: ~216 000 (2009)[1]
Familia: Americana
 Linguas algonquinas
  Linguas álxicas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Distribución na época precolombiana.
Status

Outras linguas álxicas son o yurok e wiyot, do noroeste de California. O último falante coñecido do wiyot morreu en 1962, e crese que hai uns dez ou incluso menos falantes de yurok.[Cómpre referencia]

Historia editar

Historicamente a familia das linguas álxicas compoñíase dun gran grupo de linguas algonquinas faladas principalmente no leste e o centro de Norteamérica, ademais de en dous pequenos enclaves en California, o wiyot e o yurok (actualmente a primeira destas linguas está extinta).

Aínda que a unidade filoxenetica do subgrupo algonquino foi rapidamente recoñecida xa polos primeiros exploradores europeos, o parentesco algo máis distante do wiyot e o yurok pasou inicialmente desapercibido até que foi advertido por Edward Sapir (1913, 1915, 1923). Porén, inicialmente algúns algonquinistas, entre eles Truman S. Michelson (1914, 1914, 1935) rexeitaron a posibilidade deste parentesco. Pero o parentesco foi finalmente aceptado grazas ao traballo de Mary Haas (1958).

Situación actual das linguas álxicas editar

O wiyot, o miami, o illinois, o etchemin, o loup A, o loup B, o mahicano, o massachusett, o mohegano, o pequot, o nanticoke, o narragansett, o pamlico, o powhatan, o quiripi, o naugatuck, o unami, o unquachog e o shinnecock están actualmente extintos. O último falante de wiyot morreu en 1962. E o resto de linguas álxicas son linguas ameazadas; entre estas linguas ameazadas está o yurok, con menos de dez falantes vivos.

Clasificación interna editar

As linguas algonquinas orientais foron rapidamente recoñecidas como familia lingüística desde os primeiros contactos dos europeos cos indíxenas americanos. Posteriormente engadíronse máis linguas recoñecíbeis como algonquinas orientais, que son o que actualmente constitúen os grupos algonquino central e algonquino das chairas. Posteriormente Leonard Bloomfield (1925) aplicou o método comparativo a ditas linguas e propuxo unha reconstrución do proto-algonquino sobre bases firmes.

A relación do grupo algonquino propiamente dito con outras linguas foi recoñecido máis tarde. De feito, a primeira proposta de que o wiyot e o yurok, dúas linguas californianas, estivesen relacionadas coas lenguas algonquinas foi proposta por primeira vez por Edward Sapir (1913, 1915, 1923). Porén esta proposta foi duramente criticada polo algonquinista Truman S. Michelson (1914, 1914, 1935). Pero o traballo de Mary Haas (1958) puxo fóra de dúbida que efectivamente a proposta de Sapir era correcta. A polémica sobre o parentesco das linguas algonquinas con estas linguas californianas recibiu o nome da "controversia ritwana", un nome que inicialmente designaba un grupo hipotético formado polo yurok e o wiyot. Poren, traballos posteriores suxiren que a relación entre o wiyot e o yurok entre si non é máis próxima que a que teñen coas linguas algonquinas. Por esta razón moitos americanistas abandonaron o termo "ritwano". Con posterioridade, algúns autores, como Howard Berman (1982), defenderon que o wiyot e o yurok comparten algúns cambios fonéticos que non comparten as linguas algonquinas, o cal en si mesmo volve a apoiar a validez do grupo "ritwano", polo que actualmente non existe consenso en torno a esta cuestión.

Do anteriormente dito, a clasificación interna é máis ou menos como segue:

I. Wiyot

1. Lingua wiyot

II. Yurok

2. Lingua yurok

III. Linguas algonquinas

A. Linguas algonquinas das chairas
B. Linguas algonquinas centrais
C. Linguas algonquinas orientais

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ives Goddard (1979): "Comparative Algonquian", en The languages of native America: Historical and comparative assessment, Campbell, Lyle & Mithun, Marianne (Eds.) Austin: University of Texas Press.
  • Mary R. Haas (1958): "Algonkian-Ritwan: The End of a Controversy". International Journal of American Linguistics, Vol. 24, Nº 3, Franz Boas Centennial Volume, pp. 159-173.
  • Paul Proulx (1984): "Proto-Algic I: Phonological Sketch". International Journal of American Linguistics, Vol. 50, Nº 2, pp. 165-207.

Outros artigos editar