Abrir o menú principal

Deportación dos indios dos Estados Unidos de América

Os nativos americaos concéntranse, actualmente, no oeste dos Estados Unidos.

A deportación dos indios dos Estados Unidos, que se chama oficialmente indian removal ("desprazamento dos indios"), foi unha política do goberno dos Estados Unidos durante a primeira metade do século XIX que comportou a deportación practicamente total das nacións indias do leste cara o Far West.

Asimilación ou desprazamento voluntarioEditar

Dende a presidencia de Thomas Jefferson, a política estadounidense nesta cuestión foi a de autorizar os indios a ficar no leste do Mississippi, sempre que fosen asimilados ou "civilizados". O obxectivo inicial desta política era facelos abandonar a súa propia identidade, cultura e relixión en favor da cultura europea, da relixión cristiá e dun xeito de vida sedentario agrícola. Jefferson confiaba que asimilándoos, e despois de facelos abandonar os seus medios de vida tradicionais (cazaría), os indios serían economicamente dependentes do comercio e da poder económico dos americanos brancos, e que, desta maneira, estarían dispostos a renunciar ás súas terras ancestrais en troques de bens materiais.[1]

Nunha carta a William Henry Harrison, Jefferson escribiu en 1803:

Para promover esta disposición a intercambiar unhas terras que eles teñen desocupadas e que nós queremos, porque as necesitamos, por outras que nós non ocupamos e que eles queren (sic), impulsaremos o noso comercio, e verán de bo grao como algúns individuos bos e influentes entre a súa xente comezan a endebedarse, e xa sabemos que cando as débedas son máis do que a xente pode pagar, todos están dispostos a liquidalas cedendo as súas terras... Deste xeito, a nosa colonización irá rodeando e achegándose gradualmente ós indios, e eles, co tempo, irán asimilándose a nós coma cidadáns dos Estados Unidos, ou ben marcharán alén do Mississipi. Esta é a mellor maneira para eles mesmos de poñer punto final á súa historia; pero, para que todo isto vaia así, é imprescindible cultivar a súa amizade. Para darlles medo, temos que presupoñer que, coa nosa forza e a súa febleza, é evidente que eles teñen que entender que só nos cómpre pechar a man para esmagalos, e a nosa xenerosidade cara eles só se explica por razóns humanitarias. Se calquera tribo fose valente de abondo para decidirse dunha vez (pero a totalidade da tribo), e marchasen á outra beira do Mississippi, como a única condición para a paz, sería un exemplo para os outros, e un gran paso para a nosa consolidación definitiva.[1]

A adquisición das terras dos nativos foi un proceso moi longo, e cada paso que se deu cubríuse xuridicamente por un tratado, mais ás veces empregouse a forza directamente. Ó comezo do século XIX, a noción de "terras de intercambio" foi desenvolvida e escrita nalgúns tratados de cesión territorial. Cada tribo india renunciaría ás súas terras do leste do país en troques dun anaco de terra igual ou comparable no oeste do río Mississippi (coma se aquela rexión estivese deserta e non vivisen xa outras tribos). Esta idea propúxoa Thomas Jefferson dende 1803, pero non se comezou a reflectir nos tratados até o 1817, cando o pobo cherokee cedeu unha grande extensión de terras no leste por un territorio das mesmas dimensións onde hoxe está o estado de Arcansas. A continuación asináronse moitos outros tratados deste estilo, pero finalmente este proceso desembocou no Indian Removal Act.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Jefferson, Thomas (1803). "President Thomas Jefferson to William Henry Harrison, Governor of the Indiana Territory,". Consultado o 12 de marzo de 2009. 

Véxase taménEditar