Lingua saami de Pite

Lingua urálica

A lingua saami de Pite (Bidumsámegiella) é unha lingua urálica que tamén se coñece baixo o nome de saami de Arjeplog. Trátase dunha lingua saami falada tradicionalmente en Suecia e Noruega, aínda que na actualidade conta só con 20 falantes e por iso atópase en grave risco de desaparición.[2] A súa área atópase agora restrinxida á beira sueca do río Pite no norte do concello de Arjeplog e Arvidsjaur, e tamén nas zonas montañosas de Arjeplog.

Lingua saami de Pite
Bidumsámegiella
Falado en: Noruega e Suecia
Rexións: Laponia
Total de falantes: 20 (2010)[1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis occidentais
   Lingua saami de Pite
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sje
A lingua saami de Pite é a número 3.

NotasEditar

Véxase taménEditar