Lingua náhuatl de Oaxaca

variedade do náhuatl falado en Oaxaca, México

A lingua náhuatl de Oaxaca (en náhuatl: Huaxyacac nahuatlahtolli) é unha variedade da lingua náhuatl falada por unhas 13.000 persoas do pobo náhuatl no estado mexicano de Oaxaca. Fálase na serra mazateca de Oaxaca, e esténdese dende Teotitlán até a rexión de Tochtepec. É a variedade máis meridional en territorio mexicano e está emparentada co náhuatl da Serra Negra de Puebla e o náhuatl de Orizaba. Ten arredor de 13.000 falantes,[1] os cales residen principalmente nas comunidades de Teotitlán del Camino, Santa María Teopoxco, Nanahuatipam, San Martín Toxpalan, Apixtepec, El Manzano de Mazatlán, Cosolapan e Tenosapa.[2]

Náhuatl de Oaxaca
Nawatlajtole
Falado en: México
Rexións: Oaxaca
Total de falantes: ± 13.000
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Oriental
    Náhuatl de Oaxaca
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: nhy
Mapa
Status

Notas editar

  1. Segundo o censo do INEGI no ano 2000 había 10.979 persoas que falaban náhuatl na entidade; 2005, Perfil Sociodemográfico … p. 4
  2. [1] El náhuatl del norte de Oaxaca. Páxina do Instituto Lingüístico de Verano