As linguas nahuas ou aztecas son aquelas linguas da familia uto-azteca que sufriron un cambio fonético, coñecido como lei de Whorf, que cambiou unha *t orixinal por /tɬ/ antes de *a.[1] Posteriormente, algunhas linguas nahuas cambiaron esta /tɬ/ a /l/ ou a /t/, pero aínda se pode ver que a lingua pasou por unha etapa /tɬ/.[2] A lingua nahua máis coñecida é o náhuatl. O náhuatl é falado por preto de 1,7 millóns de persoas do pobo homónimo.[3]

Linguas nahuas
Falado en: México e O Salvador
Total de falantes:
Familia: Uto-azteca
 Linguas nahuas
Regulado por: Instituto Nacional de Linguas Indíxenas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: nah
ISO 639-3: varios:
nci — Lingua náhuatl clásica
nhn — Lingua náhuatl de Tlaxcala–Puebla
nch — Lingua náhuatl da Huasteca central
ncx — Lingua náhuatl de Puebla central
naz — Lingua náhuatl de Coatepec
nln — Lingua mexicanera
nhe — Lingua náhuatl da Huasteca oriental
ngu — Lingua náhuatl de Guerrero
azz — Lingua náhuatl das terras altas de Puebla
nhq — Lingua náhuatl de Oaxaca
nhk — Lingua náhuatl do Istmo-Cosoleacaque
nhx — Lingua náhuatl do Istmo-Mecayapan
nhp — Lingua náhuatl do Istmo-Pajapan
ncl — Lingua náhuatl de Michoacán
nhm — Lingua náhuatl de Morelos
nhy — Lingua náhuatl de Oaxaca setentrional
ncj — Lingua náhuatl da Serra Norte de Puebla
nht — Lingua náhuatl de Ometepec
nlv — Lingua náhuatl de Orizaba
ppl — Lingua pipil
nhz — Lingua náhuatl de Santa María la Alta
npl — Lingua náhuatl do sueste de Puebla
nhc — Lingua náhuatl de Tabasco
nhv — Lingua náhuatl de Temascaltepec
nhi — Lingua náhuatl de Tenango
nhg — Lingua náhuatl de Tetelcingo
nuz — Lingua náhuatl de Tlamacazapa
nhw — Lingua náhuatl da Huasteca occidental
nsu — Lingua náhuatl de Sierra Negra
xpo — Lingua pochuteca
Mapa
Status

Algunhas autoridades, como o goberno mexicano, Ethnologue, e Glottolog, consideran que as variedades do náhuatl moderno son linguas distintas, porque adoitan ser mutuamente inintelixibles e os seus falantes. teñen identidades étnicas distintas. Dende 2008, o goberno mexicano recoñece como linguas nahuas trinta variedades que se falan en México (véxase a lista a continuación na táboa).

Os investigadores distinguen entre varias áreas dialectais que teñen cada unha delas unha serie de características compartidas: un esquema de clasificación distingue os dialectos centrais innovadores, falados na Cidade de México, dos periféricos conservadores que se falan ao norte, sur e leste da zona central, mentres que outro esquema distingue unha división básica entre os dialectos occidentais e orientais. As linguas náhuas inclúen non só variedades coñecidas como náhuatl, senón tamén o pipil e a extinta lingua pochuteca.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar