Lingua matsiguenga

lingua arauaca falada no Perú

A lingua matsiguenga, tamén coñecida como machiguenga ou matsigenka, é unha lingua da familia arauaca falada no Perú. Pertence ao subgrupo de linguas campa e é falada por 6.200 persoas ao longo do río Manu nos departamentos de Cusco e Madre de Dios.

Matsiguenga
Outros nomes:Matsigenka
Falado en: O Perú
Total de falantes: 6.200 (2007)
Familia: Arauaca
 Meridional
  Campa
   Matsiguenga
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mcb
Mapa
Status

O matsiguenga está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Segundo Ethnologue, está a sufrir a presión do castelán e do quechua na rexión de Urubamba, pero é activo e saudable na rexión do Manu (a maioría dos falantes son monolingües en matsigenka). É o suficientemente achegada á lingua nomatsiguenga, polo que ás veces se consideran dous dialectos dunha soa lingua; ámbolos dous son falados polo pobo machiguenga. A lingua nanti é parcialmente intelixible mais etnicamente son pobos distintos.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar