Lingua chaná
lingua charrúa
A lingua chaná[2] é unha lingua da familia charrúa que outrora foi falada polo pobo chaná nas rexións do que hoxe é a Arxentina e o Uruguai, a carón dos ríos Uruguai e Paraná-Guazú.[3] O chaná está pobremente rexistrado. Existe unha curta gramática de Dámaso Antonio Larrañaga[4] e unhas poucas listas de palabras. No ano 2005 descubriuse un semifalante de chaná.[5][6][7]
Chaná Lanték yañá | ||
---|---|---|
Falado en: | A Arxentina e o Uruguai | |
Extinción: | Comezos do século XX Un semi-falante no 2005 | |
Familia: | Americana Charrúa Chaná | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Distribución orixinal das linguas charrúas, incluída o chaná. | ||
Status | ||
A UNESCO recoñécea como lingua viva, pero "nunha situación crítica", xa que só ten un falante nativo.[8] A Cámara de Deputados da provincia de Entre Ríos recoñeceu a necesidade da súa preservación e protección gobernamental.[9]
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Chaná - Biblioteca Digital Curt Nimuendajú". etnolinguistica.org (en portugués). Consultado o 23 de setembro de 2018.
- ↑ Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian Languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center.
- ↑ Larrañaga, Dámaso Antonio (1923). Escritos de D. Dámaso A. Larrañaga III. Montevideo: Instituto Histórico y Geográfico del Uruguay, Imprenta Nacional. pp. 163–174.
- ↑ "Oír unha lingua que leva morta un século". Carta Xeométrica. 2 de xullo de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2018.
- ↑ La Nación, "Investigan los orígenes de una extraña lengua indígena" Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. 2005/July/01
- ↑ Centenera, Mar (2017-08-09). "El último hablante de chaná, una lengua que se creía extinguida desde hace un siglo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26.
- ↑ "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". www.unesco.org (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2018.
- ↑ Diario de Sesións da Cámara de Deputados da provincia de Entre Ríos, sesión do 3 de xullo de 2018.